Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O IES de Curtis conmemora o 17 de maio co seu segundo Certame Escolar de Blogs
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O IES de Curtis conmemora o 17 de maio co seu segundo Certame Escolar de Blogs

Redacción
Publicado: 27/04/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

premio_blogs_curtis.jpgCo gallo do Día das Letras Galegas e o Día Internacional da Internet (ámbalas festividades felizmente coincidindo o vindeiro 17 de maio), o IES de Curtis vén de convocar un concurso que se dirixe a distinguir a mellor bitácora en galego dos nosos estudantes. O Certame Escolar de Blogs, que vai pola súa segunda edición, está aberto a toda a comunidade educativa e, segundo nos conta o equipo organizador, valorará positivamente aqueles cadernos persoais que dean a coñecer aspectos novos da nosa cultura, ou que acheguen puntos de vista innovadores, facendo especial fincapé en contidos ligados ao lecer e “ás preocupacións da xente nova”.
Por exemplo contidos de música, arte, literatura, ciencia, patrimonio, audiovisual, medio ambiente, voluntariado, asociacionismo cultural, Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), graffiti, banda deseñada, deportes, motor ou videoxogos.
A iniciativa, que vén da man do Equipo de Normalización de Lingüística do IES de Curtis, parte dos seguintes obxectivos fundamentais: por unha banda valorar a importancia dos blogs como ferramentas didácticas para o desenvolvemento de contidos curriculares e máis a súa utilidade para a motivación do alumnado, e por outra banda fomentar o emprego activo das novas tecnoloxías e a creación de espazos que favoreza asociacións positivas para a lingua. Ademais, o certame encamíñase a contribuír ao uso da noso idioma na Rede, a promover o coñecemento de diferentes aspectos da nosa cultura (sobre todo os vencellados ao lecer), a complementar a formación académica do alumnado con elementos que axuden á súa inserción no eido laboral e a procurar formación continua e colaboración educativa entre nais, pais, profesorado e persoal non docente do IES de Curtis.
A temática das bitácoras candidatas poderá ser libre, pero valoraranse positivamente aqueles blogs que amosen aspectos sobre algunha das linguaxes artísticas e culturais devanditas e as súas diversas expresións e manifestacións na nosa terra. O prazo de inscrición de achegas xa está aberto a través do blog Son de Noso. O autor ou autora deberá cubrir un formulario no que indique o seu nome e apelidos, o curso ou estamento ao que pertence no seo da comunidade educativa e a URL (ligazón) do seu blog. Os traballos faranse públicos o 17 de maio, Día das Letras Galegas e da Internet, en Son de Noso. Até ese intre as autoras e autores deberán alimentar o seu blog, que terá que conter un mínimo de oito entradas.
Concederase un único premio consistente nunha tableta para o mellor caderno presentado polo alumnado. Teranse en conta os seguintes criterios: calidade lingüística, interese dos contidos, deseño e orixinalidade, inclusión de información propia, actualización e número de entradas, recursos e ligazóns de interese relacionados co tema elixido, aproveitamento das posibilidades que ofrece o blog (inserción de textos orixinais, vídeos, imaxes, audio), participación e comunicación coa comunidade virtual (seareiros, difusión nas redes sociais, comentarios, visitas…).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?