Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os espazos galegos máis innovadores participaron na Coworking Spain Conference
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os espazos galegos máis innovadores participaron na Coworking Spain Conference

Redacción
Publicado: 27/04/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20150424_CwSC_Workshop_WeKCo.jpgEsta fin de semana celebrouse en Valencia a cuarta edición do evento Coworking Spain Conference, no espazo Las Naves Collaborative Space, un congreso anual que reúne aos persoeiros de meirande referencia a nivel estatal no ámbito desta nova fórmula de traballo (economía, produtividade e innovación en colaboración). En definitiva, trátase dun encontro para relatores e emprendedores de todo o ámbito español compartindo experiencias e achegando os seus puntos de vista sobre “o movemento colaborativo” a través de conferencias, workshops, demoshows e barcamps.
A cita levouse a cabo baixo o lema A Cidade Compartida e contou coa participación de representantes galegos da fórmula do coworking. Entre eles, WeKCo (A Coruña), Espazo Arroelo (Pontevedra), Coworking Vigo (Vigo), DoutroXeito (Santiago de Compostela) e Magma Espazo (Ourense). Tamén estivo A Factoría de Proxectos, de Bueu.
O galego Juan Diego Pereiro Areán (WeKCo/WeKAb) participou como relator ao carón de Alex Hillman (Indyhall), Albert Cañigueral (Ouishare), Javier Megías (StartupXplore), Pau Rausell Köster (Universidade de Valencia), Mark Navarro (Crec).
20150424_CwSC__0_.jpgA cita, sinalan dende WeKCo, serviu entre outras cousas para deixar clara a consolidación dun novo xeito de facer as cousas, case un sector en si mesmo: “Hai poucos anos que abriron os primeiros espazos en España e durante este período foron moitos os que abriron e outros os que pecharon, pero sen apenas decatarnos xurdiu unha industria ao redor de profesionais, microPEME e emprendedores que comparten espazo coa intención de colaborar entre eles e xerar sinerxías que potencien e fagan medrar os seus negocios negocios”.
En Galicia, este movemento está presente principalmente en cidades como Coruña, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Ourense, pero tamén en localidades máis pequenas como Vilagarcía de Arousa, Bueu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?