Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Google, Facebook e Yoigo, entre as firmas TIC que envorcan esforzos no Nepal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Google, Facebook e Yoigo, entre as firmas TIC que envorcan esforzos no Nepal

Redacción
Publicado: 28/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

terremoto-en-nepal-2032207h430.jpgUnha parte importante das empresas TIC están estes días a despregar esforzos (en maior ou menor medida) para botar unha man na atención ás vítimas do terremoto de Nepal. Entre as firmas que se están a mollar polos damnificados do sismo hainas de todos os tamaños, mesmo algún que outro xigante. É o caso de Google e Facebook. A primeira compañía doou un millón de dólares para as tarefas de rescate e mesmo forneceu unha ferramenta de seu para a localización de persoas entre os superviventes ou os falecidos.
Ao longo da xornada de onte, a cifra de persoas incluídas na súa base de datos era de arredor de máis de 5.000. A información xerada nútrese de datos fornecidos por ONG, medios de comunicación e administracións locais. Google estreou este tipo de tarefas (páxinas de procura de persoas) durante o terremoto de Haití en 2010.
Pola súa banda, Facebook puxo en marcha o servizo Safety Check, unha ferramenta ata o de agora pendente de estrea e que está a disposición da xente afectada para facer saber os usuarios de Facebook como se encontran, onde se atopan e se están ben.
A nivel español, cómpre salientar (por exemplo) o caso de Yoigo e Teliasonera. Esta última, dende o 24 de abril e ata o 2 de maio ofrece servizos de telefonía gratuítos aos clientes de Ncell, a súa filial nepalí, e de todas as operadoras do grupo que operan neste país, co fin de facilitar o contacto entre os familiares e afectados o terremoto. Yoigo, en colaboración coa Cruz Vermella, habilitou os seguintes números para recadar fondos: 28092, 38088 e 38092. Pola súa banda, entre o 25 de abril e o 2 de maio, Yoigo ofrece chamadas e SMS gratuítos para os seus clientes en itinerancia en Nepal cara a España, así como para os usuarios que, estando en España, precisen comunicarse con familiares e amigos en Nepal.
Volvendo ao plano internacional, lembrar tamén o lanzamento dende Apple dunha campaña solidaria a través do seu negocio dixital iTunes, a disposición da Cruz Vermella de Estados Unidos na súa campaña para recadar diñeiro e elementos de primeira necesidade para a poboación afectada (o cen por cen do recadado será para as vítimas do terremoto). Asemade, Uber ofreceuse a facer de intermediaria entre as doazóns dos seus clientes e o PM”s Relief Fund (Fondo do Primeiro Ministro), e Viber tamén se apuntou ás chamadas internacionais gratuítas dende Nepal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?