Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O COETG e o Colexio de Médicos da Coruña organizaron unhas xornadas para impulsar as TIC na nosa saúde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O COETG e o Colexio de Médicos da Coruña organizaron unhas xornadas para impulsar as TIC na nosa saúde

Redacción
Publicado: 28/04/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

coetg_xornadas_saude.jpgO Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) celebraba a pasada semana (23 e 24 de abril) na sede do Colexio Médico da Coruña as Xornadas sobre Aplicacións Móbiles en Saúde xunto co Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña co gallo de axudar aos facultativos a tirar proveito das novas tecnoloxías na súa práctica cotiá. Indo ao miolo do encontro, o día 23 a xornada comezaba cunhas nocións xerais sobre a aplicación de dispositivos móbiles na consulta médica, para o cal os médicos recibiron nocións básicas sobre as características importantes que era preciso coñecer dos diferentes dispositivos móbiles, especificacións técnicas, sistemas operativos, cobertura, seguridade, privacidade, etc.
Segundo informa o COETG, a actividade continuou cunhas recomendacións prácticas para a selección de aplicacións de saúde encamiñadas aos médicos. Logo desta introdución presentáronse varias aplicacións de saúde de interese para os médicos. O obxectivo destas aplicacións era: a procura de información médica, a axuda ao diagnóstico, información sobre medicamentos, interaccións de medicamentos, ferramentas e calculadoras médicas, actualización científica, a xestión de citas e tamén unha utilidade para facer máis doada a comunicación entre os doentes e os traballadores sanitarios de xeito independente e en diversas linguas.
O día 24 a xornada daba comezo cunhas explicación xenéricas sobre tecnoloxía e continuaba con diversas aplicacións médicas sobre: hipertensión, insuficiencia cardíaca, hipercolesterolemia, EPOC, dermatoloxía e diabete. Algunhas xornadas contaron tamén coa demostración de diferentes aparatos médicos de última tecnoloxía que se conectan aos dispositivos móbiles, como é o caso do medidor de tensión ou o oxipulsímetro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?