Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés participa nun programa europeo para crear produtos TIC de xeito doado e eficiente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televés participa nun programa europeo para crear produtos TIC de xeito doado e eficiente

Redacción
Publicado: 28/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fed1.jpgA empresa galega Televés vén de informarnos da súa participación nun programa europeo para crear unha innovadora plataforma de software que contribúa a dar forma, á súa vez, á Internet do día de mañá. Trátase do programa Fed4FIRE, financiado polo Sétimo Programa Marco de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico da Unión Europea (FP7) e cuxo obxectivo é, segundo nos conta a firma compostelá, “crear unha plataforma de software que proporcione ferramentas sinxelas e de fácil acceso a diferentes tipos de infraestruturas heteroxéneas (nube, redes Wi-Fi, redes de radio, Cidades Intelixentes, etc)”.
Logo, unha vez materializada, a ferramenta resultante terá importantes usos na investigación de produtos baseados na Internet do futuro. “E todo iso co obxectivo de obter produtos no menor tempo posible, con mellor calidade e cun menor esforzo técnico e económico”, explica Televés.
A participación da firma galega no proxecto permitiu, máis en detalle, investigar e probar o novo sistema de xestión e control remoto de cabeceiras de televisión T.0X, un recurso que permitirá ao usuario controlar a distancia calquera cabeceira de TV desde calquera parte do mundo facendo uso dun dispositivo móbil (tableta, teléfono intelixente, etc.) dunha maneira sinxela.
televes-3.jpgSegundo explica a empresa acerca da súa experiencia e do seu xeito de concorrer no programa, “hoxe en día, os mercados europeo e americano demandan cada vez máis servizos innovadores de mantemento remoto e sinxelo facendo uso de dispositivos móbiles, debido aos custos que supoñen os desprazamentos e os tempos de espera; Televés asume o reto de crear unha nova versión mellorada do sistema de xestión e control remoto de cabeceiras de TV, máis rápida e eficiente, e con capacidade para ofrecer os seus servizos desde dispositivos móbiles”. Nesta nova versión, o servidor central (no que todas as cabeceiras están conectadas), ten dúas funcionalidades principais: a primeira autoriza establecer unha relación entre as cabeceiras e o usuario, mentres que a segunda permite executar o protocolo de comunicación con cada cabeceira.
Os obxectivos das probas que realizará a compañía galega serán os seguintes: “Simular un escenario real para comprobar se este novo sistema de xestión e control de cabeceiras pode soportar unha gran cantidade de usuarios e cabeceiras, co obxectivo de optimizar os servizos actuais e investigar a capacidade do sistema para a creación de novos servizos de valor engadido que serán demandados no futuro”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?