Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A estrea da obra de Abe Rábade para a Real Filharmonía será retransmitida por Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A estrea da obra de Abe Rábade para a Real Filharmonía será retransmitida por Internet

Redacción
Publicado: 29/04/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

abe_rabade_4_.jpgEsta semana o músico e compositor galego Abe Rábade, referencia internacional no eido do jazz, vai estrear a obra que compuxo para a Real Filharmonía de Galicia. A cita será dobre: primeiro no Auditorio de Galicia (o xoves, Santiago) e despois no Festival de Jazz de Primavera de Ourense. En ámbalas sesións Abe Rábade estará arroupado pola Real Filharmonía de Galicia, fusionando jazz con música orquestral e celebrando, ao mesmo tempo, o Dia Internacional do Jazz. Os organizadores desta prometedora cita coa experimentación musical queren que esta teña a máxima repercusión, de aí que apostasen por Internet como vía para levar o concertos a todos os recantos do mundo. A gala do xoves retransmitirase en directo por Internet (tecnoloxía streaming), a partir das 21.00 horas vía a páxina web da Real Filharmonía, rfgalicia.org.
Antes da actuación, ás 20:15 horas, o músico manterá un encontro previo co público asistente. Como dixemos, a orquestra desprazarase o venres a Ourense, onde actuará xunto a Abe Rábade Trío no Auditorio Municipal da cidade, ás 22:00 horas, no marco do XIX Festival de Jazz de Primavera. En ámbalas citas levará a batuta o director titular da RFG, Paul Daniel.
A obra que se presenta leva por título Tránsitos e, segundo reflicte a Real Filharmonía, “é un compendio de catro viaxes que amosan paisaxes diferentes”. En palabras do músico galego, “son poucas as ocasións na historia do jazz nas que obras concibidas, compostas e editadas para un trío de jazz son amañadas polo mesmo compositor para interpretalas xunto a unha orquestra sinfónica e co trío de jazz orixinal”. Ademais de contar coa RFG para os concertos desta semana, o pianista Abe Rábade tamén estará acompañado de Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno Pedro á batería.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?