Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza a campaña do CPEIG e AMTEGA para mellorar a empregabilidade a través das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza a campaña do CPEIG e AMTEGA para mellorar a empregabilidade a través das TIC

Redacción
Publicado: 29/04/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

amtega_cpeig.jpgFinalmente comezou a súa andaina a campaña 1 Mes, 1 Profesión Dixital, dirixida a mellorar as competencias tecnolóxicas para incrementar as posibilidades de atoparmos emprego e, tamén, para divulgar as novas profesións xurdidas ao abeiro da Sociedade do Coñecemento. A xornada de presentación da iniciativa foi inaugurada pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez. Na primeira das sesións, que leva por título Faite profesional do marketing dixital, participan (ao longo do día de hoxe) arredor de cen de persoas na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
Trátase do arranque dun ciclo de seis xornadas sobre novos perfís dixitais, que se desenvolverá ata outubro, e que en palabras dos promotores “ten como obxectivo xeral crear conciencia da necesidade que teñen os cidadáns de mellorar o seu dominio das Tecnoloxía da Información e a Comunicación, as TIC, cara ao emprego”.
As charlas, engaden o CPEIG e AMTEGA, darán a coñecer novos perfís profesionais como os de deseñador e programador dixitais, o de blogueiro profesional, o de desenvolvedor de aplicacións, o de especialista en contidos ou análise de datos, o de técnico de comercio electrónico ou o de experto en mercadotecnia en liña, entre outros. Ademais, abordaranse os cambios que están a afrontar profesionais doutros sectores (xornalistas, arquitectos…) para adaptarse ao novo contexto dixital.
Toda a información sobre as xornadas se irá incorporando na web profesionsdixitais.org e ao remate da campaña, recompilaranse as experiencias prácticas dos encontros na publicación 1 mes, profesión dixital.
Na presentación da xornada, a directora de AMTEGA, Mar Pereira, salientou que a evolución tecnolóxica xerou a demanda de habilidades e competencias dixitais en todos os sectores” e, respecto ao caso concreto dos profesionais TIC, apuntou que “o mercado require unha especialización cada vez maior á que non se está a dar resposta”. Por iso, destacou “a importancia tanto de fomentar vocacións tecnolóxicas como de ofrecer á cidadanía ferramentas para a capacitación dixital”.
Segundo fixo saber o presidente do CPEIG na súa intervención, o Estudo nacional sobre a situación laboral dos profesionais do sector das tecnoloxías da información, promovido polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría Informática pon de manifesto que os profesionais TIC españois están en niveis de pleno emprego, cunha inserción laboral do 94% dos titulados e profesionais enquisados. Para o presidente do CPEIG, estes datos amosan o potencial de emprego que supoñen as profesións TIC en todos os seus niveis de cualificación na liña das previsións da Comisión Europea. Ademais, alertou sobre a “masculinización do sector TIC”, con apenas un 17% de mulleres, porcentaxe que cadra coas cifras de estudantes nas titulacións universitarias tecnolóxicas no noso país e afirmou que a sociedade “non pode permitirse o luxo de perder tanto talento”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?