Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores do Campus de Ourense confirman o protagonismo total dos intermediarios en liña no sector turístico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores do Campus de Ourense confirman o protagonismo total dos intermediarios en liña no sector turístico

Redacción
Publicado: 29/04/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

A investigadora Noelia Araújo
A investigadora Noelia Araújo
Internet xoga cada día un papel máis decisivo no sector turístico a todos os niveis, tanto que xa case non se concibe xa acudir aos intermediarios do sector sen acudir previamente á Rede para buscalos e xestionar a comunicación con eles. Así nolo conta un grupo de investigadores do Campus de Ourense, do Departamento de Organización de Empresas e Marketing, que enumeran nun traballo sobre o presente e o futuro do turismo cales son as cousas que fan os clientes na Rede (por exemplo buscar datos e opinións e para contratar os mellores servizos ao mellor prezo) e que papel xogan nisto os portais de reservas de aloxamento en liña (estes son, sinalan, os novos intermediarios de distribución turística, no canto dos axentes tradicionais). O papel nisto das redes sociais e das web non para de medrar, din os investigadores Carlos Villamarín, Noelia Araújo e José Antonio Fraiz.
Estes e outros datos foron achegados no marco das XXV Xornadas Hispano-Lusas de Xestión Científica, celebradas no mes de febreiro na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense, onde deron a coñecer esta liña de investigación, que agora debullan con máis detalle, lembrando que o estudo baseouse en parte na pegada dos portais de reservas tomando como referentes o mes de outubro de 2014 e a clasificación publicada por SimilarWeb, compañía que se adica á medición do comportamento e tráfico en liña. O estudo guinda os seguintes datos salientables: que os 50 portais de aloxamentos analizados recibiron ese mes un nivel promedio de visitas próximo aos 12 millóns de persoas. Encabezarían a listaxe de portais Booking.com, Agoda.com, Myincentivetravel.com, Hotels.com e Airbnb.com. Polo que respecta á procedencia dos usuario, o principal país de procedencia durante os tres últimos meses na metade dos portais foi Estados Unidos. Booking.com, que encabeza este ránking, acadou os 182 millóns de visitantes no mes de referencia, o que a sitúa no posto 108 da clasificación global de webs.
Segundo informa o Campus de Ourense, os investigadores comezaron xa a analizar o contido dos doce primeiros portais co obxectivo de ver que variables ou ferramentas propias da distribución ofrecen estas web. Para comezar, salientan que estes intermediarios turísticos facilitan una serie de tarefas que fan que teñan un elevado número de usuarios, cunha ampla base de hoteis, prezos, valoracións, posibilidade de reserva, etc. Favorecendo estas cifras dáse un esforzo por achegar servizos acaidos ás preferencias do consumidor, de aí a existencia de diferentes filtros. Entre as eivas rexistradas, os investigadores destacan a falta de asesoramento, de oferta de servizos complementarios e dun menú para xestión de queixas.
O equipo de investigadores tamén recordan que os turísticos son os produtos que unha maior porcentaxe de españois compran eminentemente de forma online e que unha menor porcentaxe mercan de maneira offline. “Polo tanto”, sinala o profesor José Antonio Fraiz, “todos os participantes no mercado móvense en Internet e a competitividade dos diferentes provedores xa non só depende do produto ou servizo ofertado, senón de entender cales son as expectativas do consumidor online e ofrecer precisamente o que demanda dun modo rápido e eficiente”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?