Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores de IBM sentan os alicerces dun computador cuántico de uso práctico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores de IBM sentan os alicerces dun computador cuántico de uso práctico

Redacción
Publicado: 30/04/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ibm_computacion_cuantica.jpgIBM anunciou esta semana que vén de acadar “un importante avance” no eido da computación cuántica. Máis polo miúdo, trátase dun paso adiante no camiño cara a construción dun ordenador cuántico con uso práctico. Para impulsalo, comezou a materializarse un novo circuíto bit cadrado, que segundo informa a multinacional tecnolóxica, é a única arquitectura física que podería aumentar a súa dimensión con éxito. Segundo engade a compañía, a computación cuántica é en boa medida a tecnoloxía que nos vai permitir rachar cos límites que impón a tecnoloxía de hoxe, “permitíndonos entrar nunha nova era de innovación industrial”. Este tipo de computadores, para entendérmonos, fan posible o que para os equipos de hoxe en día é literalmente imposible.
Como exemplo práctico que ilustre estas novidades, dicir que de construírmos un computador cuántico de só 50 bits cuánticos (qubitspor as súas siglas en inglés), ningunha combinación dos supercomputadores que forman parte da lista Top 500 podería superar o seu rendemento.
O acadado por IBM nesta liña de investigación baséase en parte en ter visualizado por onde e como podería fallar un sistema destas características. Segundo sinala a compañía, “os traballos amosan por vez primeira o potencial de detectar e medir dous tipos de erros cuánticos (bit-flip e phase-flip) que terán lugar en calquera computador cuántico real”. A empresa lembra que ata o de agora só se podía tratar un erro ou outro, pero nunca os dous ao mesmo tempo. “Este avance”, explícase, “significa dar un paso preciso para corrixir os erros cuánticos, requisito fundamental para construír un computador cuántico de uso práctico, fiable e de gran escala”.
A pregunta que nos podemos facer é: para que podería servir un computador desta natureza? IBM, ao fío disto, guinda uns cantos exemplos. No ámbito da física e da química, un equipo cuántico podería deixar marxe para que os investigadores deseñasen novos materiais ou compoñentes de medicamentos sen ter que facer custosos experimentos e probas de laboratorio, “tal é a capacidade destas tecnoloxías para analizar rapidamente bases de datos inxentes”.
Detección de erros cuánticos
Segundo nos lembra a compañía, a peza máis básica de información que un computador pode entender é un bit. Dunha maneira semellante á luz, que pode estar acesa ou apagada, engade a compañía, un bit pode ter unicamente un de dous valores: o 1 ou o 0; porén os bits cuánticos (qubit) poden ter un dos dous valores, 1 ou 0, pero tamén poden ter os dous valores á vez, o cal se describe como superposición e denomínase como 0+1. Para os investigadores da compañía, o sinal desta
superposición “é importante porque ambos os estados de 0 e 1 teñen unha relación de fase”. Esta propiedade de superposición é o que permite que os computadores cuánticos elixan unha solución correcta entre millóns de posibilidades con moita máis rapidez que os computadores convencionais.
Neste estado de superposición pódense producir dous erros. Un deles denomínase erro bit-flip, que troca o 0 ao sitio do 1 ou viceversa. Asemade, tamén se poden producir erros de cambio de fase ou phase-flip, que modifican a relación entre 0 e 1 nunha superposición. “Ambos os tipos de erro”, explica IBM, “deben poder ser detectados para que un computador cuántico funcione ao xeito”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?