Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Consello da Xunta aproba a Axenda Dixital 2020
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Consello da Xunta aproba a Axenda Dixital 2020

Redacción
Publicado: 30/04/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20150430_feijoo_01.jpgEsta mañá o Consello da Xunta aprobou da nova Axenda Dixital 2020, co maior investimento en TIC da historia da Comunidade (1.550 millóns de euros), e cuns obxectivos definidos que establecen 20 desafíos a cumprir no que resta de década, de cara a artellar e consolidar un modelo de crecemento vinculado á economía dixital. Tras a xuntanza do Consello o presidente Núñez Feijoo subliñou en rolda de prensa que o novo itinerario tecnolóxico é froito dun intenso proceso de diálogo; é dicir, contou para a súa elaboración coa participación de representantes das principais empresas da Comunidade do sector TIC, coas institucións públicas e coa sociedade civil.
Os 20 desafíos están articulados en cinco liñas de actuación: a valorización da Administración; a énfase na vida dixital; a aceleración da economía dixital; o estímulo ao crecemento do sector TIC; e a articulación dixital do territorio. “En definitiva, hoxe presentamos a Axenda Dixital de Galicia 2020; algo que será posible porque garantimos os recursos necesarios, cun orzamento medio anual de 258 millóns de euros”, asegurou o responsable autonómico.

Contidos
  • Administración electrónica
  • Vida dixital
  • Economía dixital
  • Sector TIC
  • Infraestruturas

Administración electrónica

20150430_feijoo_02.jpgRespecto a o primeiro eixo, formúlanse cinco desafíos para avanzar cara unha Administración verdadeiramente dixital. Así, xa está en marcha o Plan de Administración e Goberno dixitais 2020, que establece as medidas para dar o salto da Administración electrónica á Administración Dixital, é dicir, a que a práctica totalidade dos servizos que prestan as administracións poidan facerse de xeito dixital.
A estratexia contempla tamén a implantación de solucións de Big Data para transformar os datos xerados pola Administración en coñecemento útil, que facilite a toma de decisións e permita adiantarse ás necesidades da sociedade.

Vida dixital

No segundo eixo, Feijoo precisou que a Axenda busca dar resposta a catro desafíos orientados a consolidar a adaptación dixital do modelo educativo, favorecer servizos dixitais avanzados nos ámbitos dos servizos sociais e sanidade, e asegurar a inclusión dixital da cidadanía.
“No eido educativo, darase continuidade á estratexia para a integración plena das TIC co Proxecto Abalar, estendendo o libro dixital ata os 30.000 alumnos en 2017. E, en benestar e sanidade aplicaranse as TIC para o deseño de servizos intelixentes e integrais adaptados ás necesidades específicas dos diferentes colectivos”, explicou, ao que engadiu que o último desafío deste eixo é acadar a autonomía dixital da sociedade.
Sobre este último punto, avanzou a posta en marcha do Plan de inclusión dixital para pasar da alfabetización á madurez dixital, posibilitando que calquera persoa poida acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.

Economía dixital

A dixitalización empresarial en sectores estratéxicos de Galicia, como o sector primario, o turístico, o cultural e o do transporte, así como a implantación de solucións dixitais innovadoras no tecido empresarial suman outros cinco desafíos da Axenda.
O Plan Smart Turismo 2014-2020 iniciou o camiño para facer de Galicia un destino turístico intelixente, no que se seguirá avanzando para promover a prestación de servizos personalizados aos visitantes ou potenciando o Camiño de Santiago cunha liña específica, SmartCamiño.
Por outra banda, promoverase a conservación do patrimonio cultural de Galicia aplicando as novas tecnoloxías, facilitando así o seu acceso e difusión.

Sector TIC

Impulsar o sector TIC é outro dos eixos desta Axenda, con dous desafíos destacados: avanzar na consolidación do Pacto Dixital, é dicir, na consolidación dun sector tecnolóxico galego que xere redes de valor co resto de axentes, empresas tractoras e sectores económicos para que conxuntamente conformen un ecosistema dixital galego activo; e impulsar a capacitación dos profesionais á continua evolución tecnolóxica.

Infraestruturas

Finalmente, no quinto eixo, a Axenda asume tres desafíos. Por unha banda, reforzar a seguridade cidadá aplicando as TIC para facilitar a prevención de riscos, catástrofes ou emerxencias.
Logo de destacar que o segundo obxectivo será o de universalizar a cobertura de 30 Mbps en Galicia, Feijóo afirmou tamén que se traballará para acadar unha maior garantía na seguridade dos servizos da Administración, que se concretará no Plan Director de Seguridade da Información do sector público 2015-2017.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?