Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPXG aposta no Día da Liberdade de Prensa pola reinvención alén da Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPXG aposta no Día da Liberdade de Prensa pola reinvención alén da Internet

Redacción
Publicado: 30/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dia_liberdade_prensa.jpgEste domingo 3 de maio celébrase a nivel mundial o Día pola Liberdade de Prensa e tendo en conta as múltiples ameazas que cercan a capacidade dos medios para teren espírito crítico e non quebrarse ante unha chea de intereses económicos ou políticos (ameazas que tamén veñen do Goberno, máis polo miúdo do Ministerio de Xustiza, que propuxo esta semana censurar directamente o labor dos xornalistas), o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vén de achegar un manifesto no que se fala, e moito, dos múltiples axentes responsables do “tsunami que arrasa a profesión tal e como a coñecíamos”. No proceso, un dos elementos culpables é, en palabras do colexio, Internet. Porén, non é nin moito menos o único.
Este tsunami, di o CPXG, é ante todo “unha onda de proporcións xigantescas que ninguén viu vir e que ten que ver coa crise e coa popularización da Internet, cuns medios que construíron a súa economía de costas ás audiencias e por riba empezaron a regalar o traballo dos xornalistas”. Malia todo, recalca o colexio, hai máis responsabilidades, aínda que se nos centramos unicamente nos propios medios tampouco daremos coa totalidade do problema. Segundo se informa no manifesto, hai responsabilidade alén das empresas, “se ben é certo que estas amosáronse incapaces de xestionar a crise e dispostas a entregarse en mans dos bancos e a abrazar os intereses creados da economía e a política, suicidas na súa forma de enfocar a globalización informativa da Rede”.
Para o autor do manifesto (Fernando Varela, redactor xefe do xornal dixital infoLibre e membro fundador do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia), cómpre lembrar de novo “que o xornalismo é demasiado importante como para deixalo en mans dos xornais, que a información é demasiado importante como para que a xestionen os propietarios das emisoras de televisión e os donos das radios, e que, máis alá do oficio e da técnica, máis alá do exercicio literario, é un compromiso, unha alianza cos cidadáns, un elemento central da democracia real”.
No manifesto, Fernando Varela aposta por un chamamento á “reinvención” e por achar o xeito de que os xornalistas se manteñan fieis ao que son, dignos da memoria do periodismo que os fixo xornalistas. “E isto”, engade, “non depende das tecnoloxías, depende da nosa capacidade de non perder de vista o sentido da nosa tarefa, a natureza da nosa misión”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?