Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un enxeñeiro informático do Campus de Ourense perfecciona con algoritmos os sistemas de visión por computador
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un enxeñeiro informático do Campus de Ourense perfecciona con algoritmos os sistemas de visión por computador

Redacción
Publicado: 30/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_algoritmos_ivan_gomez.jpgMellorar os sistemas de recoñecemento de movementos ata agora existentes aplicados á Bioloxía e aos humanos é o eixo sobre o que xira a tese de doutoramento do enxeñeiro informático Iván Gómez, quen presentou varios algoritmos de visión por computador. Entre os exemplos de aplicación están estabilizar imaxes de microscopía intravital de animais, que se ven afectadas entre outras cousas polo latexo do corazón ou a respiración. A tese, titulada Algoritmia de procesamento espazo-temporal en secuencias de imaxes para aliñación e recoñecemento automático de movementos, foi dirixida por David Olivieri e Xosé Antón Vila Sobrino e defendida este curso na Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense.
E que é un algoritmo? Pois poderíase definir como un conxunto prescrito de instrucións ou regras ben definidas, ordenadas e finitas que permite realizar unha actividade mediante pasos sucesivos. No caso dos algoritmos de visión por computador, son algoritmos capaces de programar un ordenador para que analice de maneira automática una secuencia de vídeo e extraia coñecemento.
Na súa tese de doutoramento, Gómez Conde presenta varios algoritmos de visión por computador que analizan o campo de movemento en secuencias de imaxes. “Estes algoritmos aplícanse a dous campos de natureza moi diversa, como son o recoñecemento de movementos humanos e a bioloxía. No primeiro, o campo espazo-temporal definido polo movemento do corpo humano codifícase mediante traxectorias únicas, que serven como unha pegada dactilar dese movemento para futuras comparativas con outros movementos e/ou persoas. No segundo, aplícanse métodos específicos de visión por computador para estabilizar datos in-vivo de microscopía multifotón intravital, que presentan problemas debido a movementos nerviosos e respiratorios do animal”, sinala o doutor.
A principal vantaxe que teñen as propostas do investigador ourensán fronte a outros algoritmos é que codifican a magnitude e dirección do vector de fluxo óptico, que é o patrón de movemento dun obxecto con respecto á escena. Isto fai que este modelo de movemento chamada polo doutor como MVFI (Instancia do Vector de Fluxo de Movemento) sexa o axeitado para recoñecer movementos humanos con cambios bruscos de velocidade, como pode ser o caso dunha caída.
Nos dous contextos sinalados, a tese explora como un ordenador pode representar e procesar campos de movemento nun espazo de información espazo-temporal para unha posterior recuperación de información en tempo real cun baixo custo computacional.
Na parte de imaxe biolóxica, o algoritmo foi aplicado en imaxes reais de inmunoloxía en dous centros de investigación, o Gulbenkian de Ciência en Oeiras (Portugal), para eliminar os artefactos de movemento en imaxes de placenta en ratos infectados de malaria, e no Hubrech Institute, de Utrecht (Países Baixos), para recoñecemento de patróns e eliminación dos artefactos de movemento en imaxes de cancro de mama.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?