Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 300 emprendedores acudiron á presentación de The South Summit no Porto do Molle
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 300 emprendedores acudiron á presentación de The South Summit no Porto do Molle

Redacción
Publicado: 04/05/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

porto_molle_spain_startup.jpgINCYDE, o Consorcio da Zona de Francia de Vigo e Spain Startup presentaron a semana pasada no Porto do Molle (Nigrán) a vindeira edición de The South Summit, que se celebrará en outubro en Madrid na praza das Ventas. Conxuntamente coa presentación, ata trescentos emprendedores galegos valoraron a súa participación cos proxectos de seu de cara á dita competición de startups, a xuízo dos seus impulsores “sen dúbida a máis importante do sur de Europa”.
María Benjumea, fundadora e presidente de Spain Startup, compartiu na xuntanza en Nigrán o amplo abano de oportunidades que ofrece emprender e participar en iniciativas como a ela e o seu equipo impulsan, facendo fincapé en que “non existe un único camiño para pór en marcha un soño”. Salientou tamén “a importancia de aprender a afrontar os riscos, atopar os compañeiros de viaxe axeitados e estarmos abertos ás oportunidades que xorden no camiño”. Logo das presentacións celebrouse un panel de innovación aberta e novas empresas e no que participaron, entre outros, Francisco Pino, socio e director de I+D en Marine Instruments, e Jorge Schnura, fundador de Tyba, que amosou a súa experiencia para crear este portal de emprego.
Asemade, seis responsables de empresas que naceron na aceleradora ViaVigo (Consorcio da Zona Franca) tiveron a oportunidade de presentar os proxectos desenvolvidos e participar no obradoiro que impartiu Joe Haslam sobre negocios a través do móbil. Haslam, profesor de innovación e de novas empresas na IE Business School (amais de co-fundador de Hot Hotels) explicou o porqué da capacidade do móbil para “multiplicar por dez as oportunidades de negocio”, desbancando ás webs para este cometido. E engadiu: “As empresas deben pensarse primeiro en móbil e en segundo lugar, en web”. Haslam tamén lle lembrou á audiencia convocada en Nigrán que as mulleres galegas son as máis emprendedoras de toda España, segundo un estudo realizado o ano pasado por Spotcap.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?