Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Femxa anuncia a contratación de 60 mozas e mozos en Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Femxa anuncia a contratación de 60 mozas e mozos en Vigo

Redacción
Publicado: 04/05/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

A empresa galega Femxa, centrada en formación e tecnoloxías para facilitar esa formación, anunciou os días pasados que antes do remate, contratará 60 novos traballadores. E engade: “Serán persoas desempregadas menores de 26 anos e seleccionaranse de entre os que rematen con éxito dous cursos de balde para os alumnos”. Estes cursos son Desenvolvemento de Produtos Editoriais Multimedia (que comezará en breve en Vigo e do que abrollará a contratación de 45 alumnos) e Actividades Administrativas na Relación co Cliente (que xa foi inaugurado e do que sairán 15 dos novos traballadores). As mozas e mozos seleccionadas/os traballarán na sede de Femxa en Vigo a xornada completa, engadiron fontes da empresa.
A compañía tamén lembra que arestora pasaron polas súas actividades de formación 415.000 persoas (ao longo dos seus tres lustros de traxectoria) e que o seu obxectivo principal, un obxectivo no que se insiren as devanditas contratacións, “é mellorar a empregabilidade dos seus alumnos”. Desta arela xurdiu, precisamente, a súa actividade como axencia de colocación, que segundo apuntan os responsables da empresa ten unha taxa de éxito do 20%.
Doutra banda, Femxa tamén informa que a dia de hoxe ten entre mans a posta en marcha dun sistema para mellorar a saúde no traballo. Trátase dunha plataforma en liña creada pola empresa Vidahora e que se centra en axudar a crear hábitos saudables de actividade física, alimentación, lecer e xestión da tensión. Desde ela e a súa aplicación móbil, propóñense actividades semanais coas que cada persoa pode mellorar o seu estado físico e ver os seus progresos. Os programas de saúde están artellados en módulos trimestrais “para que os traballadores teñan tempo de adquirir novos hábitos”, informa Femxa, que tamén lembra que a plataforma Vidahora é un novo proxecto empresarial galego nado na incubadora de empresas de Zona Franca, Vía Vigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?