Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Consello da Cultura analiza esta semana a dixitalización nas institucións da memoria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Consello da Cultura analiza esta semana a dixitalización nas institucións da memoria

Redacción
Publicado: 05/05/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ccg_institucions_na_memoria.jpgComo xa anunciamos dende Código Cero, o Consello da Cultura Galega (CCG) acolle os días 6 e 7 de maio) as xornadas Converxencia dixital das institucións da memoria, na que se abranguerán temas como a introdución do contexto dixital nas chamadas institucións da memoria, como poden ser os arquivos, museos ou bibliotecas. Francisco Díaz-Fierros (vicepresidente do CCG) e Gabriel Quiroga (membro do comité científico) serán os encargados de inaugurar o evento mañá ás 10 horas. Engadir que xa ten o aforo cuberto.
Nesta xuntanza, á que asistirán representantes de institucións tan senlleiras como o Museo do Prado, o Arquivo Histórico Provincial de Huesca, a Filmoteca de Cataluña ou os museos en rede CERES e BIMUS, exporase o panorama actual que ten que ver coa selección, adquisición, tratamento, acceso e preservación no tempo do seu patrimonio. Os responsables destes centros explicarán os proxectos de integración e dixitalización que acometeron nos últimos tempos e nos retos de futuro.
A xornada dará a coñecer as experiencias que xa están en marcha: centros que traballan con patrimonio cultural nado dixital, centros xa existentes que teñen que dixitalizar o seu patrimonio, arquivos municipais ou estatais… No marco do programa, María Carrillo explicará a experiencia das coleccións de museo en rede como son CERES e BIMUS. Javier Docampo Capilla explicará a integración de servizos documentais e difusión web do Museo do Prado entre 2005 e 2015. Mar García Miraz pechará o programa ARPAD: o Proxecto de Arquivo Dixital Integrado da Xunta de Galicia.
Asemade, nunha vertente máis teórica, Miriam Vieira da Cunha (Universidade Federal de Santa Catarina en Brasil) falará das implicacións das mudanzas do mundo dixital no facer dos profesionais da información. Pola súa banda, María Manuela Pinto (Facultade de Letras da Universidade do Porto) achegará un relatorio titulado Da institución á preservación da memoria: a mudanza sobre un novo paradigma.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?