Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un novo libro advirte das posibles eivas nas relacións de parella dos nativos dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un novo libro advirte das posibles eivas nas relacións de parella dos nativos dixitais

Redacción
Publicado: 05/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

adolescentes_dixitais.jpgO panorama de estudos sobre a influencia das redes nas nosas vidas segue a medrar, e algúns co interese extra de estar centrados nas persoas que non viviron outra experiencia que a experiencia TIC. A pedagoga e escritora Nora Rodríguez vén de lanzar, precisamente, un ensaio sobre a Rede e as TIC e de como estas inflúen nas relacións de parella da mocidade dos nosos días. Falamos de O novo ideal de amor en adolescentes dixitais, lanzado pola editorial Desclée De Brouwer. Rodríguez, que leva anos estudando estas interrelacións, convídanos no seu libro a visualizar unha realidade que é incontestable: a lingua materna dos adolescentes non é outra xa que a contorna TIC.
Segundo explica, “os nativos dixitais desenvolveron a súa aprendizaxe nela e esta nova realidade dixital está transformado profundamente o seu tránsito cara ao mundo adulto”.
A pedagoga Nora Rodríguez explorou máis especificamente un dos eidos nos que se están a producir os cambios máis radicais: o espazo afectivo dos adolescentes. Froito dese traballo xorde esta obra, que tamén xurdiu indirectamente da experiencia (unha experiencia previa) da autora con nenos conflitivos en condicións de marxinalidade. “Internet e as novas tecnoloxías da comunicación” recalca, “foron quen de transmutar o ideal do amor e o escenario das primeiras relacións de parella, polo tanto o amor é unha parte da mercadotecnia desa contorna, onde se contempla como unha mercadoría, que se debe acadar rápido, gozar rápido e posuír rápido porque, pola contra, esvaécese e extravíase entre un terminal e outro”, explica a escritora, que tamén sinala que estes cambios non só teñen influencia sobre a forma externa de relacionárense os adolescentes, senón sobre o mesmo fondo do amor, que pode resultar “frío en sen compromiso”, doado de converterse nun control de tipo obsesivo, dentro e fóra do mundo dixital.
A escritora tamén advirte “sobre as formas sutís dun novo machismo que se coa entre as novas masculinidades, un comportamento que enmascara as arelas de poder e control cunha feitura de amabilidade e cun discurso de igualdade de xénero, aprendido pero en ningún caso asumido”.
O novo ideal do amor nos adolescentes dixitais é un libro para pais e educadores, e segundo lembra a experta en redes sociais e mocidade, “tamén para adolescentes (a partir dos 17 anos); un libro para axudarlles a desenvolver unhas relacións de amor positivas e intelixentes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?