Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza o Leadership Fórum eCommerce abordando o que poden facer as TIC polas nosas PEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza o Leadership Fórum eCommerce abordando o que poden facer as TIC polas nosas PEME

Redacción
Publicado: 06/05/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

e-comm_1.jpgFinalmente comezou onte a terceira edición do Leadership Fórum eCommerce, un congreso de InCoruña sobre xeitos de aproveitar o que nos brindan as TIC para mellorar a nosa competitividade, e o evento foi inaugurado por Victoria Vera, directora do programa eMarket Services do ICEX, quen comezou explicando (precisamente) as vantaxes que pode supor para unha PEME empregar as vendas en liña. Ao seu xuízo, “internacionalizar e utilizar o comercio electrónico é a día de hoxe unha necesidade”. Asemade, lembrou que en Internet “todo empeza pola linguaxe”, polo que definir conceptos e palabras clave debería ser un dos primeiros pasos a seguir por calquera estratexia en liña que queiramos pór en marcha. Ou sexa, que cómpre ter un tino especial na elección dos termos, pois deles van depender cousas coma estas: que nos busquen e nos atopen, ou que nos atopen sen buscarnos.
Segundo engadiu a relatora, outra das claves para unha pequena empresa que queira dar o chimpo a Internet é analizar en que canle quere vender e se desexa facelo cunha plataforma ou cunha tenda propia. E explicou, apostando por procurar o máis acaido ás necesidades e recursos: “Para unha empresa con poucos recursos, os mercados electrónicos poden ser unha opción moi interesante”. En semellantes termos expresouse Miguel Ángel López, socio da Asociación de Emprendedores de Galicia (ASCEGA) e coordinador do congreso: “Galicia queda nun recuncho de España, pero en Internet somos todos iguais”.
O evento continúa hoxe en AFundación, na Coruña, ás 10.00 horas coa charla sobre Vender/exportar a través de mercados electrónicos que impartirán Manuel Camacho e Luís Carbajo, de Solostocks. Ás 12.00 horas será a quenda de Sheila Álvarez, directora de contas en Elogia, quen falará sobre Mercadotecnia para ecommerce. Pola tarde, ás 16.00 horas, Xavi Haro, CEO de Ecomm Galicia, explicará as claves para crear unha tenda de forma sinxela e (case) gratis, mentres que Xosé Rivera, CEO de DobleClick, falará ás 17.00 horas sobre Como facer fichas de produto que vendan máis. Ás 18.00 horas, Juan José de Santiago, de Vodafone, terá un relatorio titulado Retail meets ecommerce e Kike Soria, director de Tech&Law, porá fin ao encontro ás 19:00 horas cunha charla sobre Nova lexislación ecommerce. O presidente da Deputación, Diego Calvo, será o encargado de clausurar, a as 20.15 horas, o III Leadership Fórum E-comm.
Asemade, respecto aos obradoiros previstos, sinalar que tralo taller de Ricardo Tayar, hoxe impartirase o segundo obradoiro programado, na sede de ASCEGA (rúa Matadoiro, 57) de 17.00 a 19.00 horas. A actividade en cuestión virá da man de Improving Metrics, e xirará arredor da analítica web (que, como, porqué e despois que?). Improving Metrics, sinala a organización do congreso, é un equipo de profesionais afincados en Coruña que conta entre os seus clientes con algunhas das máis grandes empresas nacionais e internacionais (de feito, moitos dos seus directivos confían nas métricas que lles ofrece IM para tomar as decisións de negocio axeitadas). Con este obradoiro, que se celebra hoxe a partir das 17 horas, os participantes aprenderán a planificar unha estratexia analítica, integrar e aplicar ferramentas axeitadas e analizar os datos para tomar decisións que melloren a rendibilidade do seu negocio, on/off line.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?