Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentada unha escolla dos mellores produtos TIC para o sector marítimo desenvolvidos en Galicia e noutros catro países
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentada unha escolla dos mellores produtos TIC para o sector marítimo desenvolvidos en Galicia e noutros catro países

Redacción
Publicado: 06/05/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Catalogo_Tecnoloxias_Galicia-21_02.jpgSantiago acolleu hoxe a presentación do BAT (Best Available Tecnologies), un catálogo que escolma as tecnoloxías máis salientables, todas elas dispoñibles, para mellorar a xestión, a actividade, a produtividade, a eficiencia e a rendibilidade das empresas galegas marítimas e, por extensión, de toda a ribeira atlántica europea. A selección, que abrangue 29 produtos e servizos TIC con orixe en cinco países, insírese nas liñas de traballo do proxecto europeo STAMAR, que se dirixe a fortalecer a competitividade e a innovación das PEME do sector, e no que participan, pola nosa terra, a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e máis a Axencia Galega de Innovación (GAIN).
Ademais, xuntan forzas no proxecto sete entidades centradas na transferencia tecnolóxica, a innovación e a economía marítima de Francia, Reino Unido, Irlanda e Portugal.
A presentación do BAT, fai saber AMTEGA, é o eixo central da primeira das xornadas divulgativas de STAMAR para PEME, asociacións e entidades públicas e privadas do ámbito marítimo, que foi inaugurada hoxe no Centro de Novas de Galicia pola directora da axencia, Mar Pereira, o director da GAIN, Manuel Varela, e a secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, Isabel Concheiro.
Catalogo_Tecnoloxias_Galicia-8_01.jpgSegundo engaden máis en detalle AMTEGA e GAIN, o catálogo presentado en Santiago é un documento exhaustivo no que se achegan referencias e información sobre 29 tecnoloxías, cunha media de entre tres e seis solucións por socio. En Galicia identificáronse un total de 23 tecnoloxías relevantes polo que se decidiu, ademais de incluír unha selección no BAT, elaborar un catálogo específico de tecnoloxías galegas para difundir o potencial da Comunidade neste eido. “Ambos documentos”, explican as axencias da Administración autonómica, “servirán para dar a coñecer estes avances tecnolóxicos ao sector marítimo e tamén para fomentar o coñecemento a nivel comunitario destes produtos tecnolóxicos e dos centros e empresas TIC que os desenvolveron, contribuíndo a apertura de novas oportunidades de mercado.”
Ademais da elaboración do BAT, STAMAR abrangue outras iniciativas como o estudo Identificación das necesidades tecnolóxicas do sector para coñecer o nivel de integración das TIC nas empresas deste ámbito e cales son as súas demandas no eido tecnolóxico. Tamén inclúe a creación dun Centro Transnacional Demostrador de tecnoloxías, que se nutrirá en boa medida da bagaxe xerada polo Centro Demostrador TIC de Galicia, que como lembraremos serve para xuntar, nun único escenario, aos desenvolvedores galegos de produtos tecnolóxicos innovadores e os potenciais usuarios e demandantes dos mesmos.
No que se refire ás actividades de divulgación en Galicia, recordar que xunto coa xornada de hoxe en Santiago están previstas outras tres adicadas ao sector naval e as tecnoloxías relacionadas coa seguridade marítima e a xestión portuaria. En colaboración coa GAIN celebraranse, tamén, dous eventos de co-creación, que, en palabras da axencia, “servirán de punto de encontro entre centros tecnolóxicos e PEME do marítimo para fomentar a creación de proxectos conxuntos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?