
A guía virtual facilita a visualización do territorio e dos seus recursos a través de fotografías interactivas de 360 graos e alta definición e ofrece información histórica sobre cada un dos 16 puntos de interese seleccionados para o proxecto que teñen lazos coa identidade marítima do municipio, como a liña de costa de Sabadelle na parroquia de Carantoña, ou a parroquia de Cereixo.
A partires dun mapa interactivo cun xeovisor do territorio, poden visualizarse os diversos puntos de interese. Cando se preme nun punto, a web remite a imaxe de 360 graos na que se pode navegar por un espazo virtual, onde se sinalan lugares e se ofrece información visual, textual e de son. A aplicación ofrece tamén outra información complementaria, coma audioguías, a sinalización dunhas rutas de sendeirismo, e a ligazón a publicacións culturais relacionadas co tema.
Esta nova páxina web está dispoñible en galego, español e inglés e contou co financiamento da Unión Europea, o Grupo de Acción Costeira da Costa da Morte, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Vimianzo dentro do proxecto xenérico Do mar á Terra.
Vimianzo estrea unha guía virtual das súas paisaxes costeiras
Compartir Este Artigo
