Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As buscas de inmóbeis con dispositivos soben un 45% en dous anos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As buscas de inmóbeis con dispositivos soben un 45% en dous anos

Redacción
Publicado: 07/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mobil_buscando.jpgO número de persoas que procuran vivenda a través dos dispositivos móbiles non para de medrar, dato que debera facer que as inmobiliarias e os propietarios que seguen a teimar nas canles tradicionais para achegar as súas informacións repensasen a súa estratexia. Segundo fan saber os responsables do servizo Pisos.com, un dos máis visitados a nivel español para visualizar bens inmóbeis en lugares específicos, as procuras de vivendas a través de dispositivos subiron un 45% en dous anos, pasando do 38% en 2012 ao 55% en 2014.
O estudo feito polo portal tamén certifica, a nivel xenérico, que as aplicacións están a desprazar ao computador para as operacións de busca de pisos e casas, en compra ou aluguer, “basicamente porque dan o mesmo servizo pero coa vantaxe de que o soporte é máis lixeiro, pódese levar enriba e consultar en calquera recanto”. Para a empresa responsable da investigación, “a próxima revolución para o mercado da vivenda será a tecnoloxía wearable, que está a medrar amodo pero de xeito moi estable”.
O informe tamén achega datos de comportamento. Así, os usuarios que detectan un inmóbel que lles parece interesante dende o seu trebello, adoitan responder con hábitos máis ou menos fixos, en moitas ocasións simultáneos: o 48% das persoas consultadas por pisos.com, manda un correo para obter máis información da vivenda requirida; o 41% chama directamente ao anunciante e o 40% marca o anuncio como favorito para gardalo na súa área persoal. Asemade, un 27% adoita consultar o anuncio a posteriori no seu computador, mentres que, se o anuncio pertence a unha inmobiliaria, o 6% visita directamente a axencia.
Á hora de valorar os factores máis relevantes da procura de vivenda a través de dispositivos móbiles, sendo 0 “nada importante” e 10 “moi importante”, obter unha información clara e completa dos inmóbeis sitúase na primeira posición da clasificación (7,57). En segundo lugar, o máis esencial é que sexa posible recibir notificacións inmediatas das vivendas dunha determinada zona, así como cambios no prezo (7,21).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?