Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Krokprices, o primeiro comparador de prezos en liña de alimento para mascotas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Krokprices, o primeiro comparador de prezos en liña de alimento para mascotas

Redacción
Publicado: 07/05/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

krokprices.jpgEn tempos de crise o maxín traballa arreo, e máis se falamos de publicidade, mercadotecnia e o conxunto todo de estratexias que rodean ao mercado. Nesta nova damos conta dun novo portal creado para aforrar diñeiro no alimento das mascotas. Trátase de krokprices.com, segundo os seus responsables “o primeiro comparador de prezos de comida para cans e gatos creado por profesionais do sector” e que ten por obxectivo achegar aos propietarios destes animais unha comparativa das mellores tendas en liña para que atopen o seu penso habitual ao mellor prezo comparando entre máis de 10.000 importes e obtendo, en moitos casos, máis dun 40% de redución sobre un mesmo produto.
O dito proxecto xurdiu tras analizar o factor máis relevante para un cliente na Rede: o prezo. Segundo os creadores do comparador, o 80% dos navegantes xa saben o que queren mercar e só buscan o mellor prezo. Esta idea fíxose realidade grazas ao investimento de 75.000 euros grazas a catro emprendedores: Óscar González e Antonio Soriano como programadores avanzados e co-founders do portal, David Lara como product manager e co-founder, e Sergio González CEO do proxecto.
A quen vai encamiñada esta páxina web? A dous grandes públicos: o xeral e aos profesionais. A este último, krokprices.com ofrece comparar o catálogo das tendas co da competencia nun só clic, tamén poder dispor de gráficos con todos os datos de produtos e prezos, así como avisos diarios de baixadas de prezos. En canto ao público en xeral, aos propietarios das mascotas, ofréceselle atopar os mellores prezos, beneficiarse de promocións exclusivas e recibir avisos de baixadas de prezos dos seus produtos favoritos.
Asemade, Krokprices ofrece un servizo premium a empresas do sector que desexan e necesitan estar informadas en todo intre de cales son as tendencias de prezos sendo útil tanto para marcas como para webs de vendas de comida para mascotas, ofrecéndolles informes semanais das variacións do mercado en canto a prezos e tendencias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?