Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG organiza un curso sobre programación de Prestashop para proxectos avanzados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG organiza un curso sobre programación de Prestashop para proxectos avanzados

Redacción
Publicado: 08/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

prestashop-1.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vai organizar un curso sobre unha das principais ferramentas (en extensión de uso, en presenza, en potencialidades) do panorama TIC para favorecer as actividades de promoción, mercadotecnia e venda por Internet. Falamos do xestor Prestashop. O curso do CPEIG vai dirixido a desenvolvedores web que requiran desenvolver, integrar e pór en marcha proxectos en liña complexos co devandito xestor. O prazo de inscrición para a actividade formativa (Curso Práctico de Programación e Adaptación de Prestashop) xa está aberto, achegándose un total de 20 prazas.
Segundo lembra o Colexio ao fío da relevancia desta achega formativa, Prestashop é un dos xestores de tendas de comercio electrónico máis empregados na actualidade. Ademais, está programado en PHP e conta coa posibilidade de configurar diferentes modelos, módulos e extensións. O curso, que terá unha duración de 18 horas, está dirixido ás/aos profesionais que desexen coñecer de forma directa e práctica a programación e adaptación de Prestashop. A metodoloxía da acción formativa é totalmente práctica, onde o alumno, desde a primeira lección, crea e modifica un portal a través dos exercicios propostos. Cada participante na actividade, sinala o CPEIG, terá que traer o seu propio portátil para manter o traballo entre os diferentes dias e poder levar todo o final das sesións formativas.
O curso consta dunha duración de 18 horas divididas en 4 sesións de 4:30 horas cada unha. Os relatores serán Luis Cambra (programador e director de proxectos con 8 anos de experiencia como programador, con desempeño de programación a medida, como webmaster de tendas en liña e finalmente como desenvolvedor por conta propia) e Rafa Blasco (programador con 2 anos de experiencia en comercio electrónico, web e banca). Os dous relatores impartiran o curso de xeito simultáneo. Estes son algúns exemplos do seu traballo: cocinandocontigo.arcos.com, bodegainiesta.es, ragatattoo.com, topdormitorios.com ou www.holawifi.com.
O temario é o seguinte: Introducción a Prestashop e as súas funcionalidades como CMS (instalación e configuración), Personalización modelos en Prestashop, Creación de módulos e Overrides. “Cada día”, sinala a organización, “traballarase con exemplos para poder desenvolver os coñecementos”. Á idea, engade, é que os alumnos traballen todas as xornadas montando a súa tenda, o seu modelo, o seu módulo ou a súa programación a medida para aplicar os coñecementos adquiridos. A actividade celebrarase na EGAP en Santiago de Compostela os días 25, 26, 27 e 28 de maio en horario de 16:00 a 20:30

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?