Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os expertos convocados polo CCG nas xornadas sobre converxencia dixital avogan por un plan estratéxico común
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os expertos convocados polo CCG nas xornadas sobre converxencia dixital avogan por un plan estratéxico común

Redacción
Publicado: 08/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20150506_Xornada_ConverxenciaDixital_GabrielQuirogaBarro_FranciscoDiaz-Fierros_MG_4508.jpgFinalmente celebráronse esta semana en Santiago, da man do Consello da Cultura Galega e na súa sede de Raxoi, as xornadas Converxencia dixital das institucións da memoria. Entre as cuestións avaliadas ao longo de dous días de debates, relatorios e mesas redondas atópanse as seguintes: as amplas potencialidades de uso que achega a dixitalización da información que repousa en arquivos, bibliotecas, museos e na propia Administración. Potencialidades que teñen un punto de partida ben definido: abrir as marxes de acceso ao coñecemento público, a toda a sociedade e dende calquera lugar e intre.
Segundo informa o CCG, os responsables dos centros presentes na cita puxeron sobre a mesa a necesidade “dun plan estratéxico da información que xunte os esforzos que ata o de agora se fixeron de xeito illado e descoordinado”.
Segundo afirmou Gabriel Quiroga (membro do comité científico) ao fío da pertinencia do devandito plan estratéxico, “a un usuario non lle interesa saber se a información está nun museo ou nun arquivo, a el impórtanlle os contidos e obter a máxima información posible da materia sobre a que busca”. En palabras de Quiroga, “ao usuario tradicional que asistía a un dos centros da memoria por unha cuestión persoal, como podía ser a consulta dun plano para acometer unha reforma na súa casa, ou por un problema de lindes; ao investigador profesional súmaselle agora un usuario dixital, curioso e ávido de información en materias moi concretas”.
Durante dous días, coordinadores de centros como o Museo do Prado, Arquivo Histórico Provincial de Huesca, Filmoteca de Cataluña, os museos en rede CERES e BIMUS… explicaron os procesos de dixitalización que están a acometer as súas institucións no que ten que ver coa selección, adquisición, tratamento, acceso e preservación do seu patrimonio para facelo accesible ao público.
As xornadas estiveron enfocadas “desde un punto de vista práctico”, encamiñado a coñecer as experiencias que xa están en marcha e con todo tipo de casuísticas: desde centros que traballan con patrimonio cultural nacido dixital, centros xa existentes que teñen que dixitalizar o seu patrimonio, arquivos municipais ou estatais… Ademais, tamén houbo espazo para reflexións teóricas. Mariam Vieira da Cunha, da Universidade Federal de Santa Catarina en Brasil, falou das implicacións das mudanzas do mundo dixital no facer dos profesionais da información. Mentres que María Manuela Pinto, da Facultade de Letras da Universidade do Porto, que ofreceu un relatorio titulado Da institución á preservación da memoria: a mudanza sobre un novo paradigma, amosou un punto de vista crítico ao sinalar que “estamos a traballar coa concepción e as necesidades de hai 300 anos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?