Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone anuncia a chegada de dous novos smart
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone anuncia a chegada de dous novos smart

Redacción
Publicado: 08/05/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

O modelo Vodafone Smart prime 6
O modelo Vodafone Smart prime 6
O mercado da telefonía móbil xa conta con dous novos modelos smart 4G e chegan da man de Vodafone España, falamos do Vodafone Smart prime 6 e do Vodafone Smart ultra 6. Os dous móbiles son compatibles cos novos servizos: Call+, Backup+ en Dropbox, Secure Net e NFC (Vodafone Wallet), posúen Android 5.0 (Lollipop) coa interface Material Design, unha gran pantalla, cámara e baterías melloradas.
Vodafone Smart prime 6 é un smartphone 4G con pantalla de 5 polgadas e cámara de 8 Mpx. Inclúe Android 5.0, batería de 2500 mAh, cámara frontal de 8 Mpx e NFC para pagamentos móbiles con Vodafone Wallet.
Vodafone Smart ultra 6 é un phablet 4G con pantalla de 5´5 polgadas FHD IPS, 2 GB de RAM e cámara de 13 Mpx con sensor Sony. Estará dispoñible en xullo.
Cómpre engadir que Vodafone creou un feed de novas intelixente (Smart News Panel) para os seus smartphones. Está baseado en Flipboard e achega acceso a novas personalizadas e mensaxes. Os terminais Vodafone Smart inclúen un novo packaging 100% reciclable.
Asemade, os clientes de Vodafone benefícianse de contidos de cinema e series de YOMVI de CANLE+ e música en streaming de Napster incluídos nos plans Rede.
Indo ao miolo: o Vodafone Smart prime 6, fabricado por Alcatel, xa está dispoñible. A súa pantalla de 5 polgadas permite gozar de contidos en HD. Inclúe un procesador Qualcomm MSM8916 de catro núcleos a 1,2 GHz, 1XB de RAM, e Android 5.0 cos servizos e apps de Vodafone. Este Smart prime 6 inclúe un deseño premium con teclas de metal e acabado cromado, e é moi lixeiro (155g.). Outras características son: batería de 2500 mAh, cámara frontal de 8 Mpx e traseira de 2 Mpx, memoria de 8 GB que se pode ampliar con cartón MicroSD de ata 64 GB e NFC para pagos móbiles con Vodafone Wallet. Está dispoñible con portabilidade e compromiso de 18 meses por 29 euros de custo inicial e 3 euros ao mes (durante 24 meses) con Mini S, que inclúe chamadas a 0 céntimos (e 20 céntimos de establecemento) e 900 MB ao mes para navegar por 11,5 euros ao mes (IVE incluído). Tamén está dispoñible con Vodafone One. Por exemplo, con portabilidade e compromiso de 18 meses con Vodafone One 30Mb I M I por 0 euros de custo inicial e 4 euros ao mes (durante 24 meses). Vodafone One 30Mb inclúe fibra a 30 Mbps, chamadas ilimitadas e 2 GB/mes, así como chamadas a fixos nacionais e 60 minutos de fixo a móbil e Vodafone TV Esencial por 54 euros ao mes (IVE incluído). Tamén se pode adquirir en prepagamento por 129 euros con 15 euros de saldo e sen compromiso por 113 euros (IVE incluído).
O modelo Vodafone Smart ultra 6
O modelo Vodafone Smart ultra 6
Pola súa banda, o Vodafone Smart ultra 6 é un phablet de gama alta deseñado por Vodafone e fabricado por ZTE. Inclúe unha gran pantalla de 5,5 polgadas para gozar de vídeos e navegar de xeito cómodo por Internet. Achega 2 GB de RAM para un uso fluído das aplicacións do terminal e cámara traseira de 13 Mpx con sensor Sony e cámara frontal de 3Mpx para selfies. Amais, permite navegar por Internet 4G con velocidades de ata 150 Mbps en descarga de datos e gozar de chamadas en HD Voice. Vén equipado coa nova versión de Android 5.0, cun procesador Qualcomm 8939 de oito núcleos a 1,5GHz, batería de 3000 mAh, memoria de 16 GB ampliable con cartón MicroSD ata 128 GB e NFC que permite gozar de todas as vantaxes do pago móbil e cartóns de uso no tempo con Vodafone Wallet. Estará dispoñible en xullo en cor branca.
Para rematar, informar da creación doutro novo membro da familia smart, o Vodafone Smart first 6, un smartphone 3G HSPA+ que inclúe pantalla táctil de 4 polgadas, procesador de dobre núcleo e Android 4.4.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?