Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Confederación de Empresarios de Lugo e o CTIC traballan xa para presentar proxectos ao Horizon 2020
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Confederación de Empresarios de Lugo e o CTIC traballan xa para presentar proxectos ao Horizon 2020

Redacción
Publicado: 11/05/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20150507_Reunion_Fundacion_CTIC.jpgO secretario da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, e o presidente da Fundación CEL Iniciativas por Lugo, Luís García Santalla, mantiveron a semana pasada un encontro con Pablo Priesca, director xeral da Fundación CTIC, e persoal técnico deste centro tecnolóxico para o estudo e preparación de proxectos a presentar conxuntamente no marco dos fondos Horizon 2020. Segundo informa a organización empresarial lucense, están a perfilarse nestes intres diferentes liñas de traballo ao respecto, tanto coa Fundación CTIC como con outras institucións. Todas estas liñas, engade, pasan polo desenvolvemento de iniciativas centradas nos eixos prioritarios de Horizon 2020.
No caso da provincia de Lugo, estes eixos diríxense a impulsar sectores como o agroalimentario ou o turístico e “á posta en marcha de proxectos que contribúan a fixar poboación e a loitar contra o envellecemento”, explican fontes da CEL, que engaden que a Fundación CTIC (Centro Tecnolóxico da Información e a Comunicación), é unha entidade situada en Xixón con ampla traxectoria de traballo ligado ao desenvolvemento e difusión de novas tecnoloxías, ademais de ser unha oficina de referencia na xestión de fondos europeos para o desenvolvemento de proxectos de innovación e TIC no ámbito nacional e internacional.
Como lembraremos, a comezos de ano a organización lucense e a entidade asturiana subscribiron un acordo de colaboración para impulsar o desenvolvemento de accións conxuntas no ámbito da innovación e as novas tecnoloxías dirixidas ás PEME e microempresas da dita provincia galega. O acordo apoiouse en boa medida nunha baza a ter moi en conta: a vantaxe que supón de cara á Unión Europea a presentación de proxectos de índole interrexional (neste caso proxectos galego-asturianos).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?