Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A terceira edición do Congreso #InLugo confirmou a súa pegada nas redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A terceira edición do Congreso #InLugo confirmou a súa pegada nas redes sociais

Redacción
Publicado: 11/05/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Apertura do congreso a cargo da vicepresidenta da Deputación e o alcalde de Lugo
Apertura do congreso a cargo da vicepresidenta da Deputación e o alcalde de Lugo
Lugo volveu ser a capital da nova comunicación os pasados 8 e o 9 de maio. E foino grazas á terceira edición do Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #InLugo, un evento organizado pola Deputación Provincial co fin de quitarlle punta ao fenómeno da Sociedade do Coñecemento presente e futura, obxectivo para o cal contou novamente con algúns dos máis reputados analistas tecnolóxicos dos ámbitos galego e estatal. O evento quixo tocar o tema das redes sociais, ser el mesmo unha rede social e mesmo influír nelas. Así, por unha banda, o salón de actos do Pazo de San Marcos rexistrou cheo total ao longo das diferentes sesións, amais de ter seguimento a través de streaming, en tempo real, por parte de centos de internautas (grazas á Fundación TIC). Doutra banda, volveu ser referencia nas redes sociais, coa etiqueta #inlugo15 converténdose en trending topic a nivel estatal durante boa parte da tarde da primeira xornada, con case 3.000.000 de impresións en Twitter.
A vicepresidenta segunda, Lara Méndez, acompañada do alcalde de Lugo, José López Orozco, foron os encargados de inaugurar, o venres 8, o terceiro Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #InLugo. A vicepresidenta celebrou “o éxito do evento e dos premios” e destacou que “con máis de medio cento de candidaturas presentadas este ano nas catro categorías, e o cheo absoluto do salón de actos de San Marcos, podemos afirmar que a xuntanza é xa unha referencia no mundo das redes sociais e das novas tecnoloxías”. Pola súa banda, o rexedor resaltou a importancia dos coñecementos que os cidadáns lugueses poden adquirir neste congreso; e admitiu que para el sería “difícil vivir na actualidade sen tableta ou sen smartphone”.
O director de Eldiario.es, Ignacio Escolar, abriu o primeiro ciclo de relatorios e falou do cambio que supón, para o xornalismo. o auxe dos medios dixitais. Desde a súa visión de xornalista experimentado, pero tamén como directivo e accionista do medio no que traballa, Escolar falou da crise no modelo de negocio dos xornais tradicionais, no seu modelo editorial e mesmo na súa credibilidade, por ter perdido independencia. “Cando os xornais entran en números vermellos, o primeiro que sae pola porta da redacción é a liberdade dos xornalistas”, sinalou, defendendo que os xornais dixitais ben xestionados poden ser máis independentes e rendibles que os de papel. “Os nosos subscritores pagan para que a información siga sendo libre”, engadiu.
A continuación chegou a quenda da primeira mesa redonda da tarde Marketing online en grandes marcas, coa presenza de Núria Padrós, directora xeral de Ogilvy PR Barcelona; Diana Morales, responsable de Estratexias en Redes Sociais de Movistar España; e Juan Andrés Milleiro, responsable de Redes Sociais de NH Hotel Group. Os tres relatores compartiron con exemplos reais a súa ampla experiencia no trato cos clientes a través das redes sociais, coincidindo en que a miúdo as dificultades e problemas poden converterse en oportunidades cunha boa estratexia. “Usando ben estes medios podemos conseguir que os nosos clientes estean máis contentos con nós”, asegurou Milleiro.
Tras unha pausa, os avogados Alejandro Touriño e Pablo Burgueño especializados en tecnoloxía e redes sociais, e membros respectivamente dos bufetes Écija e Abanlex, falaron de aspectos legais a ter en conta á hora de usar Internet e as redes sociais, nunha nova mesa redonda. Segundo nos conta a organización do evento, Touriño e Burgueño expuxeron numerosos casos reais de situacións como o emprego non autorizado de fotografías de terceiros, inxurias ou suplantación de identidade. Ademais, responderon ás dúbidas e preguntas do público sobre estas e outras cuestións.
Segundo informa a Deputación Provincial, a xornada rematou cun fotowalk pola cidade da man de Instagramers Lugo, un paseo durante o que os participantes poderán tomar imaxes para participar no concurso #fotoinlugo15. O III Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #InLugo continuou o sábado 9 de maio coa presentación de diversos proxectos lucenses destacados na Internet e un obradoiro de competencia dixital impartido por Juan García pola mañá. Pola tarde entregáronse os Premios #InLugo e desenvolvéronse oito microrrelatorios de temáticas variadas. O presentador do evento, o cómico Víctor Grande, pechou o acto cunha actuación de humor musical.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?