Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As nosas tres universidades achegan o recoñecemento da experiencia profesional certificada polo CEPRAL
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As nosas tres universidades achegan o recoñecemento da experiencia profesional certificada polo CEPRAL

Redacción
Publicado: 11/05/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cpetig_cv3.jpgO reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño Rey e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia, CPETIG, Marcos Mata Mansilla veñen de asinar o convenio de colaboración que permitirá o recoñecemento académico da experiencia profesional na área da enxeñería técnica informática avalada polo CPETIG a través do seu servizo CEPRAL. Deste xeito, as tres universidades galegas e a Universidade Oberta de Cataluña (UOC) outorgan xa este recoñecemento, grazas aos acordos que asinou o Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia con estes catro centros docentes.
Coa sinatura destes convenios posibilítase que os profesionais poidan obter o Recoñecemento Académico da Experiencia Profesional (RAEP) no ámbito da informática a través dos certificados CEPRAL do CPETIG nas universidades devanditas.
Segundo informa a plataforma que preside Marcos Mata, CEPRAL é un servizo de Certificación da Experiencia Profesional para Recoñecementos Académicos e Laborais, un servizo que “xurdiu para posibilitar aos profesionais obter una certificación da súa experiencia profesional nas actividades propias da enxeñaría técnica informática”. Ademais do beneficio académico, os certificados CEPRAL facilitan aos técnicos da enxeñería informática a acreditación dos seus coñecementos e capacidades ante as empresas, de cara a afrontar un proceso de selección, ofrecéndolles un sistema de medición obxectivo.
Segundo engade Marcos Mata ao fío da metodoloxía a seguir para a obtención do aval, o Colexio expedirá os certificados para os alumnos das titulacións que se imparten nas tres Facultades de Informática da Comunidade Autónoma que así o soliciten. O número de créditos que se poderán recoñecer por acreditar experiencia laboral e profesional será o establecido nos plans de estudo correspondentes. Os certificados que emite o CPETIG a través do servizo CEPRAL baséanse en perfís profesionais. Nestes momentos están definidos e habilitados 13 perfís profesionais que van dende administrador de bases de datos, xestor de proxectos a programador de software para dispositivos móbiles.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?