Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O HULA, Teafortwo, Don’t be a foreigner e Cilenis gañan os Premios InLugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O HULA, Teafortwo, Don’t be a foreigner e Cilenis gañan os Premios InLugo

Redacción
Publicado: 11/05/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

IMG_1659.jpgEsta fin de semana celebrouse finalmente a terceira edición do Congreso #InLugo e con ela, a entrega dos premios do mesmo nome. Segundo lembrou durante a achega de galardóns a entidade organizadora de ambas convocatorias, a Deputación de Lugo, con estas distincións quérese recoñecer inciativas, persoas e organizacións da provincia que fan bo uso da Internet, as novas tecnoloxías e as redes sociais. O acto estivo presidido polo presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado do alcalde de Lugo, José López Orozco. Os gañadores foron o Servizo de Cardioloxía do HULA, Teafortwo, Don’t be a foreigner e Cilenis.
Gómez Besteiro destacou durante o acto de entrega de premios que “con estes galardóns, queremos recoñecer a labor de divulgación dos vosos proxectos así como o aproveitamento das ferramentas que nos ofrece a rede” e afirmou que “Internet, e os seus recursos, permítennos estar máis preto das persoas, feito que os políticos debemos valorar e recoñecer”. Pola súa banda, o alcalde salientou que “este tipo de iniciativas amósannos as novidades no eido tecnolóxico así como os límites que non debemos cruzar”.
Na edición deste ano presentáronse máis de medio cento de candidaturas, entre as que resultaron gañadoras os seguintes profesionais:
· Teafortwo. na categoría de Comercio, Ocio e Restauración, polo uso das novas tecnoloxías e as redes sociais para estar en contacto permanente e ofrecer un servizo continuo ós clientes da tenda. Comezaron a súa aventura no renovado Mercado municipal de Quiroga Ballesteros hai case dous anos e acaban de abrir o seu segundo local en Lugo, no número 98 da rúa Nova.
· A web do Servizo de Cardioloxía do HULA, na categoría de Educación e Formación, pola importancia da difusión de información das doenzas cardiovasculares entre a poboación, “xa que o coñecemento repercute na mellora da saúde dos cidadáns”. Segundo o xurado, “emprega unha linguaxe próxima e accesible, desde a firme crenza de que o paciente empoderado é actor decisivo na sustentabilidade do sistema sanitario”. Asemade, engádese, “colaboran coa formación dos médicos de atención primaria cos seus contidos”. É a primeira web dun servizo de área médica do HULA con enfoque formativo e educativo, “labor que hai que agradecer ao xefe de Cardioloxía do HULA, Carlos González Juanatey, e o seu equipo”, explicou a Deputación.
· Don’t be a foreigner, na categoría de Cultura e Acción Social, por “utilizar fundamentalmente as novas tecnoloxías para a axudar a estranxeiros a establecerse en España, facilitando o proceso de transición tanto a nivel persoal como profesional”. Este verán levarán a cabo o primeiro intercambio Lugo – Charleston (Estados Unidos), grazas ao que catorce nenos poderán vivir con familias americanas. O curso que vén queren facelo á inversa.
· Cilenis, na categoría de Tecnoloxía. É unha empresa spinoff da USC, que converte anos de investigación en tecnoloxía lingüística en software que poda utilizar todo o mundo. Destaca entre elas Linguakit.com, un portal avanzado de ferramentas lingüísticas; a versión en galego de Apalabrados, ou o primeiro teclado corrector en galego para Android. Segundo lembrou o xurado, Cilenis foi recoñecida co 1º Premio de iniciativas emprendedoras da USC, ou Mención de Honra no concurso BGI organizado polo MIT.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?