Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os recursos lingüísticos na Rede serán analizados nas Xornadas Internacionais de Lexicografía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os recursos lingüísticos na Rede serán analizados nas Xornadas Internacionais de Lexicografía

Redacción
Publicado: 11/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_o_mundo_dos_dicionarios.jpgPodemos afirmar con maior ou menor saudade que os dicionarios en papel xa se atopan no andel máis alto de case calquera libraría que nos atopemos, dando acubillo ao po e deixando paso ao seu claro sucesor: a Internet. Atendendo a isto, e co gallo de dar a coñecer as diferentes ferramentas lexicográficas existentes na Internet, así como afondar na revolución que teñen provocado neste eido da Lingüística, xorden o ciclo de conferencias que hoxe e o mércores 13 se desenvolven na Casa das Campás a partir das cinco da tarde, no marco das Xornadas Internacionais de Lexicografía.
Impulsadas pola rede Rede de Lexicografía (RELEX), da que forman parte oito grupos de investigación das tres universidades galegas, entres os que se atopan os grupos Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega (TALG) e Léxico e Lexicografía Especializada da Universidade de Vigo, estas xornadas veñen desenvolvéndose desde o mes de marzo cunha serie de relatorios nas universidades da Coruña e Santiago de Compostela. Desta volta, e con Carlos Valcárcel (profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte) como coordinador, chégalle a quenda ao campus de Pontevedra.
Baixo o título de O mundo dos dicionarios, estes relatorios dirixidos tanto a alumnado e investigadores, coma a profesorado de ensino medio e superior interesado no mundo da Lingüística, afondarán en como “a Rede está a mudar o concepto de dicionario, polo que hoxe case deberiamos falar máis ben de ferramentas lexicográficas”, segundo apunta este docente. Hoxe pódense atopar na Rede unha longa serie de recursos, moitos deles de balde, desde dicionarios de estruturas sintácticas, etimolóxicos ou fonéticos, ata tradutores automáticos, comunidades virtuais nas que os usuarios consultan e responden diferentes dúbidas lingüísticas ou mesmo “dicionarios abertos e colaborativos, nos que a xente pode editar unha determinada entrada”.
Coa participación da profesora da Universidade da Coruña María Dolores Sánchez, coordinadora da rede RELEX, e da docente da USC María Álvarez, a xornada de hoxe estará centrada nos recursos existentes en lingua galega.
En canto á xornada do mércores, estará centrada na Lingüística computacional, o ámbito adicado á xeración de dicionarios ou outro tipo de ferramentas lingüísticas na Rede e “no que conflúen lingüistas e informáticos”, como apunta Válcarcel. De feito, os conferenciantes da segunda e última parada das Xornadas Internacionais de Lexicografía en Pontevedra serán o informático Alberto Simoes, profesor do Instituto Politécnico do Cávado e do Ave de Barcelos (Portugal), e a lingüista da Universidade Complutense de Madrid Rosa Martín, “que falarán de como extraemos datos da Rede para poder deseñar con eles ferramentas lingüísticas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?