
“A gran vantaxe de TokApp”, explica Javier Romero, “é que o usuario non ten que ir buscar a información, senón que estando en casa ou de viaxe os datos chéganlle ao instante e actualizados”. Outra das grandes bazas do sistema reside en que a mensaxe non se acubilla no cartafol de spam, “achegándose a garantía de que foi entregada e lida polo destinatario” O obxectivo é saber que a información chega correctamente e os usuarios recíbena o máis rápido posible, engade o CEO de TokApp.
A iniciativa concreta da Cidade do Lérez é unha realidade grazas á colaboración entre o Proxecto de Emprego Social ILES do Concello de Pontevedra e a empresa TokApp. Segundo explican os responsables da aplicación, a plataforma está a ser moi ben acollida entre os veciños, “e cada vez son máis os usuarios que teñen acceso aos boletíns a través da aplicación”.
A aplicación TokApp notifica de xeito automático as ofertas de emprego de Pontevedra
Compartir Este Artigo
