Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CiTIUS lévanos da man ás verdades e mentiras da Data Science
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CiTIUS lévanos da man ás verdades e mentiras da Data Science

Redacción
Publicado: 12/05/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citius_exterior.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (CiTIUS) está a organizar un curso formativo na temática do Big Data e Data Science. A actividade celebrarase os días 27 e 28 de maio e constará dun relatorio e un obradoiro formativo, ambos impartidos por Jordi Vitrià (Universitat de Barcelona). Na páxina web do CiTIUS podemos consultar xa o horario e programa completo do curso, que se celebra na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago. O centro sinala que pode ser “de gran interese” para investigadores e profesionais das novas tecnoloxías, a computación e os ámbitos científicos onde é preciso manexar inxentes cantidades de información.
O curso celébrase baixo o seguinte epígrafe: Data Science, ou como facer fronte ás verdades e mentiras dos datos. Segundo indican os organizadores da achega formativa acerca dos obxectivos que se buscan coa mesma, non hai dúbida xa da importancia actual da Data Science, ou sexa dos grandes volumes de información destinados ao traballo científico e das metodoloxías postas en xogo para acubillalos, manexalos, tratalos, xestionalos e preservalos do mellor xeito posible. Segundo lembra o CiTIUS hai unha chea de desafíos pendentes ao abeiro da dita temática. Así, “malia termos as ferramentas para almacenar e acceder a enormes cantidades de información, a extracción de coñecemento útil e a súa tradución en decisións optimizadas segue sendo un reto que precisa dunha nova xeración de profesionais que foron chamados Data Scientists”, explica o centro da Universidade de Santiago.
O curso artéllase en dúas partes: un relatorio e un obradoiro práctico. O relatorio presentará unha visión xeral do eido da Data Science mediante a análise das súas semellanzas co método científico. Tamén se afondará nas conexións da Data Science co Big Data. A última parte da charla adicarase a identificar algúns dos erros máis frecuentes cando se aplica a ciencia de datos e como facer fronte a este problema. Pola súa banda, no taller presentaranse as seguintes ferramentas para Data Science:
1) Ferramentas de Python para Data Science e Big Data: IPython, NumPy, Pandas, Blaze.
2) Estimación estatística de frecuencias: limitacións e consecuencias para o Big Data
3) Estimación estatística bayesiana
4) Programación probabilística: PyMC
O relator
Jordi Vitrià é investigador senior e catedrático da Universitat de Barcelona. Doutorouse na Universitat Autónoma de Barcelona en 1990. Ten máis de 20 anos de experiencia traballando en Visión por Computador e as súas aplicacións a varios eidos. A súa investigación, cando os computadores persoais tiñan 128KB de memoria, orientouse inicialmente cara á análise dixital de imaxes e como extraer información cuantitativa delas, mais axiña evolucionou cara a problemas de visión por computador. Despois dun ano como investigador post-doutoral na Universidade de California en Berkeley en 1993, centrouse nos métodos bayesianos para os métodos de visión por computador. Na actualidade, dirixe un grupo de investigación que traballa na comprensión visual de obxectos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?