Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ahorro.net irrompe na App Store e celébrao cun sorteo de 300 euros para produtos Apple
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ahorro.net irrompe na App Store e celébrao cun sorteo de 300 euros para produtos Apple

Redacción
Publicado: 13/05/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ahorro-net.jpgOs responsables de Ahorro.net, plataforma para a xestión de finanzas persoais, veñen de informar da saída da aplicación do ámbito beta, iniciándose así unha nova andaina como ferramenta de balde na App Store, onde “conseguiu entrar con forza”, sinalan, ao tempo que recordan que estamos ante un recurso moi acaido para aqueles internautas que queiran saber durante todo o día “o que acontece co seu diñeiro”. De feito, permite cousas como controlar movementos e engadir e editar bancos. “O usuario”, explican, “pode dispor de todas as contas e controlar os gastos e os ingresos de cada unha delas”. Ahorro.net estaba dispoñible ata o de agora na versión para Android.
A maiores do devandito, a plataforma posibilita os usuarios estaren ao día dos recibos que teñan pendentes de pago, dos que aínda falten por chegar ese mes e dos cobros de maneira automática, “sen ter que buscar eles a información, o que axiliza as xestións e reduce o tempo que se perde localizando cada concepto”.
Os desenvolvedores da aplicación tamén salientan a capacidade da mesma para fornecer trucos de aforro específico baseándose nos pagos dos usuarios, “de xeito que poidan acadar máis beneficios”. Tamén destacan que tanto na aplicación como dende a web cada movemento é engadido polo banco en cuestión “de maneira segura” e clasifícanse de modo automático para visualizar de contado o estado de cada conta.
Con motivo da actualización de Ahorro.net en iOS, a empresa puxo en marcha un sorteo co que agasalla dous cartóns de 150 euros para produtos de Apple a todos aqueles que participen ata o vindeiro venres día 15. Só será preciso que rexistremos a nosa conta de correo na páxina do sorteo e compartir o concurso en Facebook e Twitter.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?