Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica completa o despregamento de 4G en Ferrol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica completa o despregamento de 4G en Ferrol

Redacción
Publicado: 13/05/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

telefonica_4g.jpgTelefónica vén de anunciar que o despregue de tecnoloxía 4G en Ferrol chegou ao seu remate. Deste xeito, incide a operadora, a poboación da cidade poderá gozar de velocidades de navegación en Internet de ata 100 Mbps “en todas as súas rúas e barrios”. Os traballos levados a cabo pola firma durante os últimos meses implicaron o fornecemento de tecnoloxía de banda larga móbil ultrarrápida en 11 estacións base urbanas. Sinalar que estas infraestruturas operaban ata o intre dos cambios con redes 2G e 3G. Ferrol únese así á listaxe de cidades galegas que Telefónica cubriu ao completo con tecnoloxía 4G, listaxe na que xa están Santiago, Vigo e A Coruña.
Volvendo a Ferrol e aos traballos desenvolvidos de adaptación á nova tecnoloxía, sinalar que amais das modificacións e actualizacións realizadas nas estacións base, procedeuse a conectar estas infraestruturas coa rede de fibra óptica da operadora, “mellorando desta maneira o servizo de transmisión de datos ao contarse cos factores adaptabilidade e flexibilidade deste medio de transporte, que permite ampliar a capacidade ou tráfico de datos cursado en situacións de alta demanda”. Lembrar que as velocidades de navegación de ata 100 Mbps deixan ampla marxe para a descarga e o intercambio instantáneo de arquivos como música, contidos de alta definición. Tamén posibilitan as mellores condicións para o uso de videoxogos en liña.
Telefónica engade que continuará levando 4G a outros puntos de Galicia durante os vindeiros meses, ampliando para iso o número de estacións base en servizo que contan con esta tecnoloxía. “Este feito”, explica a operadora, “suporá un aumento da cobertura en interiores e unha maior capacidade da rede, o que lle permitirá estar preparada para o previsible incremento nos próximos anos do uso de terminais 4G e da demanda de datos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?