Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un estudo conclúe que a publicidade nos videoxogos é rexeitada polos máis cativos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un estudo conclúe que a publicidade nos videoxogos é rexeitada polos máis cativos

Redacción
Publicado: 13/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_pamela_sanders.jpgUnha tese de doutoramento con orixe no Campus de Pontevedra someteu a análise as reaccións de nenos e nenas de España e Brasil á publicidade das páxinas de videoxogos infantís. A autora da tese, Pamela Sanders, conclúe que os máis pequenos xa “teñen unha postura crítica sobre o que ven nos anuncios” e engade que unha “mala programación” das insercións publicitarias pode estender entre os cativos “unha cegueira publicitaria, quizais mesmo unha animadversión á publicidade”, razón pola que subliña a necesidade de regular a publicidade nos espazos web para nenos.
Tomando como base a relación da infancia co consumo, os medios de comunicación e as novas tecnoloxías, Sanders analizou para a súa tese (dirixida polo profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Daniel Martí) como era recibida a publicidade dos xogos en liña por parte dunha serie de estudantes de dúas escolas. Máis polo miúdo, dous grupos de nenos e nenas de entre 9 e 11 anos de Pontevedra e da localidade brasileira da Fortaleza, capital do estado de Ceará, “foron convidados a xogar durante unha hora e media na sala de ordenadores das súas escolas”, ao tempo que Sanders conversaba de xeito individual con eles, empregando a “técnica da entrevista semi-estruturada”, co obxectivo de capturar “a espontaneidade dos nenos”.
Así, nas entrevistas realizadas puido observar que os nenos comprenden a publicidade como unha maneira de financiamento duns espazos de acceso gratuíto e mesmo que “poden estar ocasionalmente interesados nalgunhas propostas”. Mais, ao mesmo tempo, tamén puido recoller a súa postura crítica ante o feito de que “a publicidade que invade as páxinas se converta nun obstáculo” nas súas partidas. Neste senso, a investigadora alude á existencia dun “discurso claro” nos nenos e nenas entrevistados, que “piden un marco diferente para o seu tempo de xogo”, no que os anuncios se adapten ás características das partidas e non supoñan unha interrupción.
A investigadora tamén fai énfase en que, “a miúdo, a publicidade convértese nunha extensión dos xogos”, e, de feito, recórrese con frecuencia ao formato advergame, un anuncio con feitura de xogo “máis efectivo cos nenos que cos adultos”.
Asemade, Sanders tamén extrae da súa investigación a necesidade de que tanto os centros de ensino como as familias non permanezan alleos ao moito tempo que os cativos pasan na rede. “Deben actuar como institucións mediadoras na súa relación con internet”, sinala esta investigadora, para quen é preciso axudar aos máis novos a “desenvolver competencias críticas en contornas dixitais”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?