Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia concorre na competición europea para acadar as mellores aplicacións de navegación por satélite
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia concorre na competición europea para acadar as mellores aplicacións de navegación por satélite

Redacción
Publicado: 18/05/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_certame_europeo_satelite.jpgEuropa quere procurar as mellores aplicacións para a navegación por satélite. Deste obxectivo xorde a iniciativa European Satellite Navigation Competition-ESNC, un concurso internacional de innovación que premia as mellores ideas para o desenvolvemento de ferramentas de navegación por satélite e busca os mellores servizos, produtos e innovacións que empreguen a devandita tecnoloxía para a vida cotiá. O certame, posto en marcho en 2004, vén impulsado por entidades como a Axencia Espacial Europea, a Oficina Europea de Patentes, o Ministerio alemán de Transporte e Infraestruturas Dixitais ou o Ministerio alemán de Economía e Enerxía, entre outras. Entre os países que concorren na edición 2015 do certame está o noso. Impulsando a participación galega atópanse a Zona Franca de Vigo (socio principal), a Universidade de Vigo, o IGAPE e a Axencia Galega de Innovación.
O coordinador das propostas galegas é o profesor Francisco Javier Diaz-Otero, do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da UVigo, que explica que “o concurso está aberto a calquera persoa, sexa ou non da comunidade universitaria, e sexa persoa física ou empresa”.
Segundo explica, os gañadores aspiran a premios que teñen un valor conxunto que ascende a 1 millón de euros e ademais pasarán a formar parte da rede de innovación no eido global de sistemas de navegación por satélite (GNSS). Ademais, habilitáronse un total de 30 categorías, así como premios especiais como o University Challenge, dirixido especificamente a estudantes e investigadores. Entre os vencedores de todas as categorías, un xurado formado por expertos internacionais da industria e a I+D elixirá o vencedor global, que recibirá 20.000 euros adicionais e un programa de incubación de seis meses (apoio e asesoramento técnico, empresarial e legal) na autonomía ou rexión que elixa.
En Galicia o premio ao gañador ou gañadora é un ano de incubación nun dos parques empresariais do Consorcio da Zona Franca de Vigo. Pero ademais de Galicia, outros socios estatais son Euskadi, Madrid e Valencia. As propostas poderán presentase vía telemática ata o 30 de xuño e a cerimonia de entrega de premios terá lugar en outubro.
Ao concurso European Satellite Navigation Competition-ESNC, que abrangue arestora unha rede mundial de innovación que inclúe 200 expertos industriais e científicos, accédese por convite directo da Axencia Espacial Europea, que non convida a organismos ou empresas, “senón a rexións ou autonomías”. En anteriores edicións preséntanse arredor de 400 ideas en cada convocatoria e conta cunhas 250 empresas do sector aeroespacial como socios colaboradores. A organización estima que de todas as ideas presentadas, o 70% incúbase e un 30% acaba xerando unha PEME do sector aeroespacial. Tamén salientan a “diversidade das propostas que se reciben cada ano”, indo dende o eido sanitario e das emerxencia, ao tráfico ou o transporte por mar, aire e terra, pasando por tecnoloxías para sustentar a Internet das Cousas e a comunicación global.
O gañador da pasada edición foi Airbus Defence & Space, unha proposta que en palabras dos organizadores, “adoptaba un enfoque de vangarda para o deseño dun receptor de baixo custe que permitise aos departamentos de policía, bombeiros e servizos médicos de emerxencia facer uso do sistema PRS Galileo, o sistema de navegación por satélite europeo independente”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?