Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sketch Arm actualízase para festexar o seu éxito de descargas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sketch Arm actualízase para festexar o seu éxito de descargas

Redacción
Publicado: 18/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_sketch_arm.jpgEn xaneiro de 2013 vía a luz a aplicación Sketch Arm, desenvolvida por investigadores do Grupo SIG de Informática Gráfica e Multimedia da Universidade de Vigo e Redegal, coa que calquera que o quixer podía levar a cabo un deseño do seu propio armario. Logo destes dous anos e medio da creación, Sketch Arm supera xa as 100.000 descargas de balde e os seus creadores celébrano sacando unha versión 2.0 da existente, que era para o sistema operativo iOS, de Apple, e abrindo o seu uso tamén ao sistema operativo Android.
Segundo explica Celso Campos, docente da Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense e líder do proxecto, a aplicación é froito de catro anos de traballo no seu desenvolvemento, dende que xurdiu a idea a raíz das necesidades dunha empresa local neste senso ata a súa última actualización, e nela traballaron os enxeñeiros informáticos Rubén Viso, Iván Rodríguez e Jorge Nelson Acosta. A aplicación achégalle ao seu usuario final unha ferramenta doada e intuitiva para deseñar o interior e o exterior dos seus armarios empotrados e a medida. Deste xeito, calquera persoa, sen necesidade de coñecementos informáticos, pode transformar en poucos pasos as súas ideas nun debuxo en 3D e en plano elixindo a distribución dos espazos, as cores, os materiais e o tipo de compartimentos do armario.
Segundo apuntan os enxeñeiros responsables, as novidades desta aplicación atinxen “fundamentalmente… á interface, ao xeito en que se presenta ao usuario, mellorándose a interacción e facendo máis doadas as labores de edición e configuración do armario”. Tamén se decidiu dar unha meirande cobertura no servizo, abríndose a aplicación a novos sistemas operativos, concretamente Android por ser un dos máis populares entre o público xeral. “O desenvolvemento dunha aplicación para diferentes plataformas non é tan sinxelo como un usuario externo poida pensar a priori, xa que conseguir que unha aplicación teña unha feitura e unhas funcionalidades semellantes en todas as plataformas require un traballo importante”, apunta por último Celso Campos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?