Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Comercio de Santiago guía a creación e afianzamento de 22 proxectos innovadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Comercio de Santiago guía a creación e afianzamento de 22 proxectos innovadores

Redacción
Publicado: 19/05/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

inauguracion_programa_creacion_de_empresas.jpgO viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago (Polígono de Costa Vella) acolleu este luns a presentación do Programa de Creación e Consolidación de Empresas e Autoemprego, que se celebrará ata o vindeiro 10 de xullo. Esta acción, unha liña de traballo formativo, foi debullada nos seus detalles polo presidente da entidade, Jesús Asorey, quen fixo saber que o obxectivo é achegar recursos que permitan desenvolver un plan para dar forma a unha empresa competitiva, eficiente e innovadora. “A elaboración desta guía de mellora da PEME servirá aos emprendedores como medio de argumentación da súa viabilidade ante entidades públicas e financeiras”.
A iniciativa está dirixida sobre todo a persoas con iniciativas emprendedoras que necesiten coñecer a viabilidade da súa idea de negocio e adquirir os coñecementos necesarios que lles permitan pór en marcha os seus proxectos. Participarán un total de vinte e seis alumnos que desenvolverán catorce proxectos de creación e oito de consolidación empresarial, centrados nos sectores da construción, química, aplicacións móbiles, dispositivos médicos, sector nupcial, téxtil, servizos web, exportación comercial, recursos humanos, gastronomía ou mesmo servizos xurídicos.
O programa está deseñado cunha metodoloxía teórico-práctica, que se impartirá en sesións de formación xenérica e conxunta e a través de clases específicas e á medida durante unha consultoría semanal e individualizada, coa axuda dun equipo de profesionais con ampla experiencia docente e homologados polo INCYDE (entidade colaboradora do programa) como formadores. Durante as oito semanas da formación, os alumnos recibirán nocións sobre dirección de proxectos, mercadotecnia, promoción e comercialización, creatividade, innovación e transferencia de tecnoloxía, xestión da información e manexo de redes sociais, xestión xurídica e financeira, prevención de riscos laborais e calidade medioambiental.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?