Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A CEL e o CTIC convocaron aos empresarios de Lugo para achegarlles oportunidades colaborativas de innovación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A CEL e o CTIC convocaron aos empresarios de Lugo para achegarlles oportunidades colaborativas de innovación

Redacción
Publicado: 19/05/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20150518_jornada_innterconecta.jpgA Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) en colaboración con CTIC Centro Tecnolóxico da Información e a Comunicación celebraron este luns unha xornada informativa co obxectivo de difundir novas solucións tecnolóxicas para empresas e avaliar a fondo a convocatoria Innterconecta. Na xornada, na que participaron ducias de empresarios de Lugo e provincia, fíxose fincapé na finalidade de Innterconecta (financiar proxectos de I+D promovidos por consorcios empresariais) e os escenarios concretos aos que se dirixen as súas axudas (en boa medida PEME e microempresas).
Máis en detalle, no encontro puxéronse de manifesto os atrancos das empresas de pequeno e moi pequeno tamaño á hora promover procesos innovadores, e a importancia das iniciativas de carácter cooperativo e colaborativo con vistas a non ficar atrás no acceso ás novas tecnoloxías e na actualización dos seus negocios.
A xornada incluíu unha sección chamada Oportunidades tecnolóxicas que forneceu aos asistentes a posibilidade de achegarse ás tendencias tecnolóxicas (tendencias tecnolóxicas concretas) que marcan o 2015. Nesta parte do encontro emprestouse especial atención a solucións de realidade virtual e aumentada, análise de información, grandes cantidades de datos (xeitos de xestionalos, gardalos, tratalos e recuperalos), ou visión por computador.
Jaime López, secretario xeral da CEL, foi o encargado de abrir este encontro, no que participaron como relatores Pablo Coca, director de Negocio e Operacións de CTIC, e Fidel Díaz, responsable de Innovación deste centro tecnolóxico, situado en Xixón. O secretario da CEL salientou a importancia de estreitar ligazóns con comunidades como Asturias, “que están a desenvolver proxectos moi interesantes trasladables a esta provincia”.
Como remate, informar que con vistas ao estudo de posibles accións a desenvolver no futuro de forma colaborativa, os técnicos de CTIC tiveron a oportunidade de visitar con anterioridade á celebración da xornada as instalacións do CETAL (Centro Tecnolóxico Alimentario), que percorreron acompañados do subdirector deste centro e de representantes da CEL e da Fundación CEL.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?