Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Pontevedra leva adiante a semana da recollida de refugallos electrónicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Pontevedra leva adiante a semana da recollida de refugallos electrónicos

Redacción
Publicado: 19/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_pontevedra_raee.jpgCoincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, este pasado domingo (17 de maio) festexábase tamén o Día Internacional da Reciclaxe e por este motivo botaba a andar onte a semana da recollida de RAAE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos), organizada pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, no marco do proxecto Green Campus. Así, na mañá de onte instaláronse nos diferentes centros da contorna universitaria as caixas nas que calquera persoa interesada poderá depositar estes aparellos para que sexan recollidos e trasladados a un xestor de residuos autorizado.
“Esta iniciativa lévase a cabo coa arela de concienciar á comunidade universitaria da importancia que ten a reciclaxe, este tipo de aparellos implican un risco para o medio ambiente, polo que non poden tirarse en calquera colector”, resalta Celso Cancela, director da Área de Planificación do Campus. De aí que o propósito central dunha iniciativa que se desenvolve por primeira vez sexa incidir na importancia da reciclaxe, “para que no futuro, o alumnado asuma pautas de actuación correctas, coherentes e conscientes co medio ambiente”, como apunta Cancela, quen agradece á colaboración da Oficina de Medio Ambiente da Universidade, que será a encargada de coordinar a recollida de todos os dispositivos depositados nestas caixas para o seu traslado a un xestor autorizado.
Engade o responsable da Área de Planificación que esta iniciativa responde a “un dos compromisos que asumimos co proxecto Green Campus”, co que Pontevedra pretende converterse no primeiro Campus de España en acadar a bandeira verde que outorga a FEE (Foundation for Environmental Education) e que non é outro que “contribuír á concienciación ambiental da nosa contorna”.
Cómpre dicir que a dita campaña se estenderá ata o venres 22 e que ten vocación de continuidade. “A idea é que sexa unha actividade periódica e realizala cando menos dúas veces ao ano”, sinala Cancela, que dá azos á comunidade universitaria para achegarse a estes puntos de recollida “calquera aparello eléctrico ou electrónico que teñan na súa casa e do que queiran desfacerse, porque estean avariados ou simplemente porque non os usen, xa que a normativa con este tipo de residuos é moi estrita e teñen que ir parar a mans dun xestor autorizado para o seu tratamento”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?