Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Innterconecta 2015 mobiliza 110 millóns para impulsar a innovación das nosas empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Innterconecta 2015 mobiliza 110 millóns para impulsar a innovación das nosas empresas

Redacción
Publicado: 20/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

innterconecta_cntg.jpgO Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) acolleu hoxe a presentación da nova convocatoria (2015) do programa FEDER-Innterconecta, unha iniciativa de raizame europea e participada polo Goberno galego para financiar proxectos innovadores a través da cooperación entre empresas e centros tecnolóxicos e cuxo orzamento para as entidades galegas, este ano, é de 110 millóns de euros en formato de subvención. A xornada foi inaugurada polo conselleiro de Economía, Francisco Conde, que comezou salientando a razón de ser de Innterconecta e da participación activa do Goberno autonómico: contribuír a facer da innovación un hábito nas nosas empresas.
Asemade, fixo un percorrido polas diferentes edicións do programa (dende 2011) destacando que os resultados “non podían ser mellores”. E engadiu: “Nas diferentes convocatorias acadamos a cifra de máis de 400 empresas galegas concorrendo nelas”.
Ao seu xuízo, o principal valor de todo este esforzo é sen lugar a dúbidas “un intanxible”. Este, sinalou, non é outro que a cooperación: a cooperación entre múltiples frontes e trazando pontes entre o público e o privado, entre centros tecnolóxicos e empresas, entre empresas e empresas, entre sectores, entre administracións e administracións.
Segundo engadiu, Innterconecta é “unha oportunidade para consolidar o liderado innovador das empresas galegas”. Para isto, dixo, contarase co apoio do Estado, a través do CDTI (Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial), favorecendo proxectos innovadores nos que colaboren empresas de varias Comunidades Autónomas,
Sobre as iniciativas galegas que se converteron en realidades grazas ao financiamento de Innterconecta e as súas sucesivas entregas, o conselleiro citou proxectos como o desenvolvemento da primeira vacina contra a cistite; o proxecto Magallanes, botando en Redondela un revolucionario trimarán capaz de xerar enerxía mareomotriz; ou un sistema de xestión de biotoxinas mariñas, atacando un problema recorrente das nosas rías. Conde tamén resaltou a posta en marcha de achegas de innovación aberta inspiradas no programa europeo, como o Conecta PEME, co que busca trasladar eses beneficios á pequena empresa replicando o mesmo modelo do Innterconecta, e que mobiliza 50 millóns de euros; ou as Unidades Mixtas de investigación, que mobilizan outros 70 millóns atraendo a grandes compañías como Repsol, PSA, Esteve ou Gas Natural Fenosa para innovar en Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?