Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPIICYL premia a traxectoria profesional do presidente do CPEIG, Fernando Suárez
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPIICYL premia a traxectoria profesional do presidente do CPEIG, Fernando Suárez

Redacción
Publicado: 20/05/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

nocheinformaticacyl_fernando_suarez_detalle.jpgO presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, recolleu na noite do pasado día 15 de maio o Premio i3 á Traxectoria Profesional que lle concedeu o Colexio de Informáticos de Castela e León dentro da gala celebrada no Mirador de Cristal do Museo da Ciencia de Valladolid.
Entre os méritos que se lle recoñecen, destaca o prestixio de Suárez Lorenzo dentro do sector e dentro do colectivo profesional da Enxeñaría en Informática. Responsable na actualidade de Innovación do Concello de Santiago de Compostela, forma parte moi activamente do movemento que impulsa as cidades intelixentes (Smart Cities) en España.
No eido colexial, é o vicepresidente primeiro do Consello Xeral da Enxeñaría Informática (CCII nas súas siglas en castelán) desde a súa fundación e presidente do CPEIG tamén desde a súa creación no ano 2007.
Enxeñeiro en Informática pola Universidade da Coruña, é profesor de diferentes masters na Universidade de Santiago de Compostela. Así mesmo, colabora coa Axencia da Calidade do Sistema Universitario de Galicia e con ANECA na comisión de avaliación de diferentes titulacións no eido das enxeñarías e da Enxeñaría en Informática.
nocheinformaticacyl_11167694_926958003992192_1026820346887060822_o.jpgNas palabras que pronunciou ao recoller o galardón, o presidente do CPEIG destacou que a profesión “está cambiando o noso mundo a unha velocidade sen precedentes” e destacou o compromiso do profesional “claro e irrenunciable, en construír unha sociedade da información centrada na persoa, inclusiva e onde todos poidan crear, acceder, empregar e compartir a información e o coñecemento, para permitirlle ás persoas, comunidades e pobos acadar o seu pleno potencial na promoción do seu desenvolvemento sustentable e a mellora da súa calidade de vida”.
Asegurou que facía partícipe do seu premio a “tantas persoas que me axudaron nestes anos, cun agradecemento especial aos membros das distintas xuntas do CPEIG e do CCII”. Así mesmo, tamén tivo unhas palabras emocionadas de agradecemento para a súa familia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?