Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os contidos dixitais centran unha xornada da campaña 1 mes 1 profesión dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os contidos dixitais centran unha xornada da campaña 1 mes 1 profesión dixital

Redacción
Publicado: 20/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

1mes1prof_dix.jpgA AMTEGA, en colaboración co CPEIG, organizan para o vindeiro luns 25 a xornada Faite profesional dixital dos contidos dixitais, encontro enmarcado na campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital 1 mes, 1 profesión dixital, que desenvolverase na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.
Os asistentes ao evento coñecerán, da man de destacados expertos na materia, novas competencias e habilidades profesionais que se están a demandar no mercado laboral actual. Os relatores exporán as características e requisitos do seu labor e perfil profesional, tanto de xeito individual como nun debate conxunto e aberto ao público, que porá o peche a esta segunda xornada de 1 mes, 1 profesión dixital.

O Salón 2 do Edificio CINC acollerá de 17:00 a 20:00 horas o encontro, de inscrición libre e gratuíta, estando xa aberta a súa inscrición vía web, aínda que tamén poderá seguirse a través de streaming dende a súa páxina web.

Programa e os relatores

miguel_varela_e_luz_castro.jpgTras a benvida institucional, a cargo do presidente do CPEIG, Fernando Suárez, o co fundador e director xeral de Teimas Desenvolvemento, Miguel Varela, abrirá as intervencións co relatorio Faite experto en xestión de residuos e gamificación. Teimas é unha empresa de desenvolvemento software orientada a produto, que centra a súa actividade no sector ambiental. Entre os seus traballos destaca o software para a xestión de residuos Teixo.
A continuación, Francisco Alfonso Domínguez falará das claves para ser experto en xeración de contidos dixitais a través da súa experiencia como Project Management en Imaxina. Esta firma pioneira na creación de libros de texto dixitais desenvolveu traballos que foron postos como exemplo a nivel mundial por Apple.
Pola súa banda, o xefe de Escola HT A.T0.049 do Real Aeroclube de Santiago, Claudio Guridi, compartirá a súa experiencia na xeración de contidos a través de avións non tripulados ou drons. Guridi é piloto comercial e instrutor con preto de 1.500 horas de voo, das que 800 son como instrutor. Posúe a Habilitación de Tipo como piloto de Boeing-737.
Luz Castro, directora da área In Gaming da empresa Imaxin Software, será a encargada de afondar na adaptación de contidos. O seu labor céntrase no desenvolvemento de xogos interactivos e produtos multimedia.
Finalmente, Esteban Vázquez, socio de Tesla Technologies abordará o perfil profesional dun experto na elaboración de xogos interactivos. Testa é unha empresa especializada en videoxogos e interactivos. Deseña e programa interactivos multiplataforma e acumula unha ampla experiencia en interactivos HTML5-CSS3_Canvas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?