Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: VíaVigo abre sede en Lugo para a súa terceira edición de apoio ao emprendemento innovador
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

VíaVigo abre sede en Lugo para a súa terceira edición de apoio ao emprendemento innovador

Redacción
Publicado: 20/05/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Participantes na segunda edición da aceleradora
Participantes na segunda edición da aceleradora
VíaVigo, a aceleradora de empresas impulsada polo Consorcio da Zona Franca, vén de abrir nova sede en Lugo, máis polo miúdo nas instalacións da Confederación de Empresarios local. O obxectivo deste espallamento é dar acollida e pulo a novos proxectos innovadores e tecnolóxicos xurdidos no norte da nosa terra. A longo prazo, os responsables da aceleradora queren “replicar” o modelo polas catro provincias e servindo de paraugas a todos os sectores de actividade baixo o nome de VíaGalicia. Estes datos foron dados a coñecer na presentación da terceira convocatoria da palestra empresarial, dirixida como lembraremos a “impulsar as mellores ideas e axudar a convertelas en negocios de éxito”.
Segundo fai saber o Consorcio, que recalca que estamos ante “unha das aceleradoras máis potentes de España”, o prazo para concorrermos na nova edición estará aberto ata o vindeiro 15 de xullo. “Nesta terceira convocatoria”, informa a Zona Franca, “os proxectos seleccionados accederán a un programa académico a desenvolver nas sedes de Lugo e Vigo”, segundo a escolla dos promotores. A fase final, a fase da aceleradora, realizarase de maneira exclusiva no Centro de Negocios de Porto do Molle, en Nigrán, “onde se facilitarán os medios precisos para o proxecto empresarial ata convertelo nun negocio rendible e sustentable”.
A nova edición agroma dunha suma de esforzos por parte da Zona Franca e a Xunta de Galicia. O financiamento que se fará chegar aos quince proxectos finalistas acadará nesta convocatoria a cifra de 1.875.000 euros, entre capital semente e achegas a fondo perdido, máis outros 375.000 euros en gastos de formación e consultoría.
VíaVigo 2015 é un programa de apoio e asistencia a emprendedores promovido polo Consorcio e a Consellería de Economía e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e da sociedade xestora de dos fondos de capital-risco da Xunta (XesGalicia) e tamén pola sociedade de capital-risco do Consorcio, Vigo Activo.
As iniciativas seleccionadas terán ao seu dispor as infraestruturas precisas para activar a empresa; contarán con profesionais e expertos que lles asesorarán ao longo de todo o proceso, e mesmo os adestrarán para presentar canda un dos proxectos a investidores privados que poidan aportarlles financiamento e outros recursos.
Para inscribirse habilitáronse as plataformas viavigo.es e viagalicia.gal, onde se facilita toda a información dos diferentes pasos de selección. Segundo informan os impulsores da iniciativa, os participantes poderán ver como unha vez inscrito o proxecto este será valorado polo Comité Técnico do Programa que preseleccionará ata 40 ideas de negocios por cada sede entre as que mellor respondan aos criterios de innovación, “acelerabilidade e investibilidade”. No seguinte paso, cada grupo dos corenta seleccionados pasarán a participar no Startup Day a celebrar en Lugo e Vigo nunha xornada na que se seleccionarán os seguintes 20 mellores proxectos que poderán continuar nas dúas academias e dos que, noutra avaliación, sairán os 15 finalistas para a fase de aceleradora que se celebrará con una única sede en Porto do Molle. Estes 15 finalistas poderán recibir apoios económicos de ata 125.000 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?