Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Coruña amosa en Berlín e Washington a súa proposta de Cidade Intelixente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Coruña amosa en Berlín e Washington a súa proposta de Cidade Intelixente

Redacción
Publicado: 21/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

coruna_smart_city-5.jpgHoxe daba comezo un dos encontros máis senlleiros do ano en canto a Cidades Intelixentes, estamos a falar da asemblea xeral da European Innovation Partnership on Smart Cities and Communities (EIP-SCC), un punto de referencia de cara a converter a Europa en referente mundial en canto a calidade de vida á vez que se promove a competitividade da industria europea vinculada ás chamadas smart cities. Nesta nova que nos ocupa queremos dar conta do dito evento, mais tamén da importancia que ten a representación galega que desta volta marca a presenza da Coruña co seu proxecto Smart City, unha achega smart para mellorar a eficiencia dos servizos públicos e a calidade de vida dos cidadáns.
O encontro en cuestión, que se está a celebrar en Berlín, dá acubillo a máis de 400 representantes de empresas, concellos, centros académicos, universidades e outras organizacións de toda Europa que presentaron 370 iniciativas das tecnoloxías e infraestruturas organizativas precisas para o despregamento das cidades intelixentes nunha Europa na que o 70% dos seus habitantes vive en núcleos urbanos.
E indo á proposta da Coruña, está baseada na posta en marcha dunha gran plataforma tecnolóxica que funciona como un auténtico cerebro da cidade, quen de captar millóns de datos, procesalos e cruzalos para aplicalos á mellora dos servizos públicos en todas as áreas.
Por outra banda, A Coruña tamén amosará o seu proxecto no Global City Teams Challenge de Washington o vindeiro 1 de xuño. Coruña Smart City participa convidada polo NIST (National Institute of Standard and Technologies). O Global City Teams Challenge é unha rede internacional, organizada en equipos ou clústers, que traballa na procura de solucións innovadoras para mellorar servizos nas cidades ou comunidades intelixentes.
O proxecto Coruña Smart City, iniciativa do Concello da Coruña e Emalcsa como solicitante, fíxose cun cofinanciamento dun 80% dos fondos FEDER, para un total de 11,5 millóns de euros. O proxecto deseñouse en dúas fases: a primeira fase, adxudicada en abril do ano pasado á UTE formada por Altia, Ilux, Indra e R, consistiu no deseño e posta en marcha da plataforma tecnolóxica, á que se chama o cerebro da cidade, e a execución de 14 proxectos piloto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?