Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A plataforma CloudPatient impulsada polo CITIC permite aos cidadáns xestionar por eles mesmos os datos da súa saúde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A plataforma CloudPatient impulsada polo CITIC permite aos cidadáns xestionar por eles mesmos os datos da súa saúde

Redacción
Publicado: 22/05/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

cloud_patient-2.jpgDicía Henry Ford que “o verdadeiro progreso é o que pon a tecnoloxía ao alcance de todos”. Sen dúbida, ese é un dos obxectivos que a industria tecnolóxica vén perseguindo desde hai anos e que, aos poucos, vai conseguindo. Mostra diso é a capacidade do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), impulsado pola Universidade da Coruña, de desenvolver proxectos no ámbito biosanitario, converténdose así nun referente estratéxico. O exemplo máis próximo témolo en Galicia, onde desde hai dous anos vén desenvolvendo unha ferramenta que permite que os cidadáns podamos xestionar por nós mesmos os datos relacionados coa nosa saúde, dunha maneira sinxela e segura. CloudPatient é o nome da solución desenvolvida.
A ferramenta vén da man dun consorcio de empresas, formado por SIVSA de Vigo, ALDABA da Coruña e IntellectiaBank, de Ourense, coa colaboración do CITIC e o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC).
O proxecto, que viu a luz grazas ao financiamento obtido a través o programa FEDER-Innterconecta, tradúcese “nunha plataforma que permite aos usuarios crear unha contorna na nube no que responsabilizárense dos seus datos e poder acceder a eles desde calquera lugar”, sinala Alejandro Pazos, investigador da Área de Intelixencia Artificial e Aplicacións do CITIC. Datos como o historial médico ou aqueles procedentes de diferentes biosensores, como os actuais wearables, pulseiras cuantificadoras de exercicio físico, básculas, tensiómetros, etc.-.
Javier Pereira, outra investigador da Área de Intelixencia Artificial e Aplicacións do CITIC, apunta que “unha das principais vantaxes de CloudPatient, ademais da disposición e accesibilidade dos datos, é que a plataforma está deseñada de tal maneira que actúa de forma intelixente, segundo o usuario, para propor contidos e pautas de actuación, en función dos datos rexistrados de cada paciente”.
O labor do CITIC dentro de CloudPatient desenvolveuse en base á definición do modelo e as necesidades dos usuarios para os tres escenarios seguintes: saúde mental, trastorno do espectro do autismo e persoas maiores e con patoloxías crónicas.
No primeiro contexto, o da saúde mental, os usuarios poden rexistrar actividades a través do seu teléfono móbil, de tal maneira que logo poidan ser avaliadas de maneira conxunta polo seu terapeuta ocupacional. Nesta liña, CloudPatient está a ser testado no Hospital de Día de Psiquiatría de Ferrol e o Hospital de Día de Psiquiatría da Coruña, onde obtivo unha gran acollida e ten vistas a ampliar o seu uso nun futuro próximo.
No escenario de nenos con trastorno do espectro do autismo, programáronse sistemas de avaliación a través do computador, grazas aos cales poden desenvolver diferentes roles sociais. Este colectivo foi de gran axuda á hora de ir definindo a plataforma, xa que o piloto foi probado pola Asociación de pais de persoas con trastorno do espectro autista da Coruña (ASPANAES), a Asociación LEVANTA (Psicoloxía e Fisioterapia Infantil e do lactante) e a Asociación Prol persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia, ASPRONAGA.
Por último, no escenario concernente ás persoas maiores e con patoloxías crónicas, desenvolvéronse unhas propostas relacionadas coa vida saudable, a prevención de caídas, a alimentación, a xeolocalización con alarmas e un sistema automático que conecta a prescrición de fármacos a través da receita cun “pastilleiro electrónico”, que rexistra a toma dos fármacos nos tempos pautados. Neste aspecto, o piloto de CloudPatient puido probarse no Centro de día da Cruz Vermella da Coruña e no Centro xerontológico GERIATROS de Oleiros (A Coruña).
Por diante, queda desenvolvemento e a continuidade de pilotos que permitan, de maneira progresiva, ampliar a mostra de usuarios de CloudPatient. Para iso, CloudPatient continúa a procura de financiamento, mentres prosegue en paralelo a extracción e avaliación de resultados sobre a plataforma, da que podemos atopar máis información en cloudpatient.udc.es.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?