Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A web de MeteoGalicia mellora a información de predición por concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A web de MeteoGalicia mellora a información de predición por concellos

Redacción
Publicado: 25/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galiweather2.jpgOs servizos de información de MeteoGalicia estrean hoxe unha nova ferramenta desenvolvida no CiTIUS, que permitirá aos usuarios da súa páxina web consultar en linguaxe natural as predicións meteorolóxicas para cada un dos 314 concellos galegos, facilitando a interpretación dos datos meteorolóxicos e sen precisar da redacción manual elaborada por expertos como acontece no caso da predición a curto prazo para Galicia.
GALiWeather consegue así completar a información gráfica e numérica que presenta de forma individualizada pro localidade MeteoGalicia, engadíndolle un comentario en linguaxe natural froito da investigación do proxecto de I+D Descrición lingüística de fenómenos complexos, que contou co financiamento de MINECO e que recentemente finalizou no CiTIUS.
20150526_galiweather_03.jpgEste proxecto contou coa participación de catro investigadores da Unidade de Sistemas Intelixentes do Centro, xunto con sete expertos de MeteoGalicia, e consegue presentar un texto equivalente ao que redactaría un meteorólogo á hora de dar conta da predición meteorolóxica de cada concello galego.
Para xerar as predicións en linguaxe natural, GALiWeather emprega datos de predición simbólico-numéricos, coñecemento dos expertos meteorólogos e técnicas de intelixencia artificial que permiten, en primeiro lugar, converter os datos en descricións lingüísticas básicas, codificadas nunha linguaxe intermedia; un proceso posterior converte finalmente estas descricións nunha narrativa en linguaxe natural, expresada en calquera dos idiomas de saída soportados (español ou galego).
meteoweather_01.jpgA web actual de MeteoGalicia permite a consulta de predicións por concellos, ofrecendo para cada un deles a previsión meteorolóxica a catro días vista, pero só a través de datos numérico-simbólicos, ás veces difíciles de entender e resumir para a maior parte dos usuarios. Esta funcionalidade inclúe información múltiple, como o estado do ceo (nebulosidade e precipitación), vento e temperaturas, polo que a medida que aumentan os datos numérico-simbólicos xorde un inconveniente: a falta de predicións en linguaxe natural que describan estes conxuntos de datos. Sen este tipo de descrición as predicións resultan menos comprensibles, xa que os usuarios necesitan inspeccionar cada símbolo por separado, detectar que fenómenos son relevantes e cando se van a producir. A inclusión de GALiWeather nos sistemas de MeteoGalicia proporcionará esta información de xeito automático, seguindo os criterios dos expertos meteorólogos e de forma comprensible para os usuarios
GALiWeather encádrase nas aplicacións denominadas “de conversión de datos a texto (Data to Text)”, fronte ás cales incorpora innovacións metodolóxicas importantes, como o tratamento de termos imprecisos, de uso moi frecuente na comunicación humana, e a xeración de narrativas globais para todo o período de predición de catro días. Desde o punto de vista meteorolóxico e ambiental, é nova a incorporación de información acerca do Índice de Calidade do Aire.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?