Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medra un 19% a cifra de facturación consolidada de Altia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medra un 19% a cifra de facturación consolidada de Altia

Redacción
Publicado: 25/05/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

altia_w.jpgA empresa galega Altia, centrada en servizos avanzados TIC, vén de presentar as contas de 2014, uns números que seguen a amosar a liña ascendente do exercicio anterior, amplificándoa e incrementándoa. Máis polo miúdo, a cifra de negocio da firma situouse o ano pasado en 54.085.535,41 euros en 2014, un 19% máis ca no ano anterior. Segundo fixo saber durante a xunta xeral de accionistas o presidente da compañía, Constantino Fernández, o devandito dato “representa un 9% máis do previsto no Plan de Negocio da Compañía, que era de 49,4 millóns”. A este proceso de medre, sinalou, axudou o afianzamento de novos negocios e máis “a maduración dos investimentos acometidos en 2013”, entre outras cousas.
O aumento que se produce nos resultados reflíctese no EBITDA consolidado, que aumentou un 37% respecto a 2013 e chegou a 7,19 millóns de euros (o que supón un 13,3% sobre ventas)”.
Polo que atinxe ás ganancias en 2014 de Altia, foron de 4,5 millóns de euros, dos que a empresa destinou 1,1 á repartición de dividendos, un 24,4% do beneficio neto total. Máis polo miúdo, a compañía distribuíu entre os seus accionistas un dividendo de 16 céntimos por acción.
Lembrar que dende a súa orixe en 1994, Altia desenvolve proxectos en sectores de actividade do máis variado, como o industrial, o financeiro, os servizo, o eido das telecomunicacións ou as administracións públicas. De catro anos a esta parte as súas accións cotizan no mercado alternativo bolsista (MAB) no segmento de empresas en espallamento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?