Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Menus.es desenvolverá en formato virtual un encontro iberoamericano de gastronomía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Menus.es desenvolverá en formato virtual un encontro iberoamericano de gastronomía

Redacción
Publicado: 25/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fibega_presentacion.jpgA empresa galega Menus, responsable da plataforma Menus.es, presentou a semana pasada unha iniciativa para tender pontes (en liña) entre os profesionais da hostalería de ámbalas beiras do Atlántico. Trátase da primeira edición da Feira Iberoamericana de Gastronomía, FIBEGA 2015, un encontro que se desenvolverá en formato virtual durante os días 17, 18 e 19 de novembro deste ano. No acto de presentación do evento dixital participou o presidente da Academia Iberoamericana de Gastronomía, Rafael Ansón; o presidente adxunto, Nicolás Muela e a empresa organizadora Grupo Menus, dirixida polo empresario galego Roi Correa.
Durante a cita cos medios e cos profesionais do sector da hostalería e a gastronomía amosáronse os detalles e obxectivos do que cualificaron como “o primeiro gran encontro entre empresas relacionadas co ámbito da gastronomía nos países de Iberoamérica”. O acto foi retransmitido a través de streaming na páxina específica do evento, onde se pode volver visualizar en diferido. Por certo que a web tamén será o centro de actividade do encontro internacional que se vai desenvolver en novembro, reunindo nela mesma as diferentes casetas participantes e acubillando e amosando todo tipo de actividades. A feira, ademais, poderase visitar en calquera intre posterior á celebración oficial.
FIBEGA, fíxose saber, é un proxecto que pretende ser accesible a nivel global e “que suporá a primeira dunha serie de citas anuais nas que se reunirán os principais axentes representantes do sector gastronómico iberoamericano, como produtores, grandes marcas, adegas, institucións ou destinos gastronómicos entre outras moitas cousas”. Ademais os visitantes poderán acudir, de maneira virtual, a relatorios e demostracións dos chefs máis importantes de ámbalas beiras do Atlátnico que se ofrecerán en streaming desde a web.
Roi Correa será o encargado de dar forma a FIBEGA 2015. O acto de presentación tivo lugar no Hotel NH-Eurobuilding de Madrid e ao finalizar ofreceuse un cóctel aos asistentes, elaborado polo chef Luís Bartolomeu.
Como lembraremos, o Grupo Menus foi fundado en 2011 por Roi Correa. Trátase dun holding con capital na súa maioría galego, adicado aos sectores da comunicación, a gastronomía e as novas tecnoloxías.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?