Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: MixRadio, o servizo de música en streaming agora compatible con Android e iOS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

MixRadio, o servizo de música en streaming agora compatible con Android e iOS

Redacción
Publicado: 25/05/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mixradio-android-scn_detalle.jpgOs servizos de música en streaming están a vivir un auxe nos últimos tempos. Máis polo miúdo, MixRadio, un servizo personalizado e de balde, atópase presente en 31 países. Con só premer un botón MixRadio achega un catálogo de millóns de cancións, amais de máis de dez mil mesturas creadas por expertos. Agora, os responsables do servizo veñen de lanzalo a unha nova e numerosa audiencia, expandíndose ás plataformas Android e iOS e anunciando un acordo con HTC. A partir deste intre, os usuarios de dispositivos Android e iOS poderán gozar de maneira gratuíta da ampla oferta musical desta radio.
O repertorio musical que achega MixRadio actualízase de xeito continuo co asesoramento de expertos de todo o mundo e as recomendacións de artistas de sona internacional. Salienta o grupo de mesturas do Arenal Sound, onde os amantes do festival poderán escoitar a todos os grupos que estarán presentes este ano, ou rememorar o mellor das edicións pasadas.
Asemade, coa función O meu Mix, os usuarios poderán crear unha canle persoal adaptada aos seus gustos. Tras realizar unha selección de estilos musicais e artistas, MixRadio crea unha playlist específica para ese usuario, que evolúe personalizándose cada vez máis co obxectivo de achegarlle unha experiencia moi personalizada.
Como servizo creado por e para o móbil, MixRadio comprende a importancia dos mixes offline e permite que os usuarios poidan descargar de balde as súas mesturas favoritas para escoitalas sen conexión a Internet, en calquera intre e lugar, sen necesidade de gastar datos.
Alén disto, anúnciase tamén un acordo con HTC, polo cal MixRadio será o provedor exclusivo de contido musical para a aplicación BlinkFeed do fabricante de terminais móbiles, proporcionando novidades personalizadas e adaptadas ao gusto musical dos usuarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?