O Centro Demostrador TIC (CNTG, Santiago) acollerá o vindeiro día 4 de xuño, a partir das 16.00 horas, unha xornada divulgativa organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) sobre as oportunidades dos certificados de experiencia profesional e o potencial da gamificación. Esta actividade, sinala o CPETIG, está dirixida a profesionais do eido da informática interesados na metodoloxía dispoñible para amosar de xeito fiable e eficaz a súa bagaxe profesional e a estudantes ou futuros estudantes de titulacións universitarias ou de ciclos formativos de informática e profesionais interesados no emprego de mecánicas propias do xogo en contornas e aplicacións alleas ao xogo (gamificación).
A xornada encádrase no marco do convenio asinado entre o CPETIG e a Universitat Oberta de Catalunya para divulgar dous temas de actualidade no eido da informática. Respecto ao programa en máis detalle, o colexio sinala que por unha banda presentarase o servizo CEPRAL, que lles permite aos profesionais do sector obter unha certificación da experiencia profesional, admitida ademais para o recoñecemento de créditos nos estudos universitarios de Informática (as tres universidades galegas e a Universidade Oberta de Cataluña (UOC) outorgan xa este recoñecemento, grazas aos acordos do CPETIG con estes catro centros docentes).

O CPETIG organiza unha xornada sobre certificados de experiencia e as posibilidades da gamificación
Compartir Este Artigo
